miniatura|Aligátor do Mississippi comendo un crustáceo O aligátor do MississippiForma recomendada polo SNL da USC a partir da proposta do Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. (Alligator mississippiensis) é unha especie de réptil crocodilio que se encontra exclusivamente na rexión sueste dos Estados Unidos, xunto aos regatos e pantanos. 

Características miniatura|dereita|Cranio e mandíbula de aligátor do Mississippi. É a maior especie do xénero Alligator, e de feito é un dos crocodilios máis grandes de América, alcanzando un máximo de 6 metros de longo, aínda que debido á desaparición de grandes animais da zona por causas antrópicas, hoxe en día, os machos oscilan entre 4 e 4,5 m e as femias chegan aos 3 m.Crocodile Species - American AlligatorADW: Alligator mississippiensis: Information O seu peso oscila entre os 70 kg das femias e os máis de 450 kg dos machos.American alligator

Taxonomía e filoxenia Este crocodilio americano foi clasificado por primeira vez polo zoólogo francés François Marie Daudin como Crocodilus mississipiensis en 1801. En 1807 Georges Cuvier creou o xénero Alligator;url=http://www.itis.gov/servlet/SingleRpt/SingleRpt?search_topic=TSN&search_value=174366# que comparte co Alligator sinensis. Ambos agrúpanse na familia Alligatoridae, xunto cos caimáns. A superfamilia Alligatoroidea inclúe tódolos crocodilos (fósiles e existentes) que están máis estreitamente relacionados co crocodilo americano que co crocodilo do Nilo ou co gavial.Brochu, Christopher A. (2003). "Phylogenetic approaches toward crocodylian history" (PDF). Annual Review of Earth and Planetary Sciences 31: 357–97. doi:10.1146/annurev.earth.31.100901.141308.

Os membros desta superfamilia xurdiron por primeira vez no Cretáceo tardío. O Leidyosuchus de Alberta é o xénero máis antigo coñecido. O crocodilo americano moderno está representado no rexistro fósil do Plistoceno.

Distribución Distribúese polos ríos, pantanos e marismas do sur dos Estados Unidos, desde Carolina do Norte ata o sur de Texas, lindando coa fronteira mexicana chegando ata o estado de Tamaulipas. A persecución humana de que foi obxecto noutro tempo fíxoo desaparecer de moitas zonas, e neste momento só abunda realmente no estado de Florida e en menor medida na desembocadura do río Mississippi. É unha especie protexida nos Estados Unidos, e moitos dos parques nacionais de Florida creáronse no seu momento co fin de preservar as súas zonas de caza e cría.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Categoría:Animais descritos en 1802 Categoría:Aligatóridos