A tempada 2001-2002 da División de Honra B foi a cuarta edición da nova segunda división do rugby en España, creada tres anos atrás pola Federación Española de Rugby co nome de "Campionato de Liga Nacional Primeira Especial". Formato de competición Nesta edición o número de participantes mantívose en dez, e o formato non foi modificado, contanto cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.
Os dez equipos participantes foron o Montjuic, CDU Granada, ADUS, CRAT, Arquitectura e Valencia participantes na edición anterior; o Oviedo descendido da División de Honra; o Bera Bera e L'Hospitalet ascendidos da Primeira Nacional; e o Liceo Francés que baixou da División de Honra tralo seu acordo co Real Canoe para competir xuntos na máxima categoría cun único equipo.
A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.
Clasificación PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPC 1º. R.C. Valencia30 18 15 0 3 543 238 2º. R.C. L'Hospitalet 28 18 14 0 4 506 370 3º. A.D.U.S. 24 18 12 0 6 477 316 4º. Bera Bera R.T. 22 18 11 0 7 460 344 5º. C.N. Montjuic 22 18 11 0 7 374 369 6º. C.D. Arquitectura 17 18 9 1 8 367 259 7º. Oviedo R.C. 14 18 7 0 11 300 369 8º. C.D.U. Granada 11 18 5 1 12 232 374 9º. C.R.A.T. 6 18 2 2 14 247 493 10º. C.R. Liceo Francés 3 18 2 0 16 178 552
Posicións de ascenso directo (1º e 2º). Posicións de descenso directo (9º e 10º).Arquitectura foi sancionado con 2 puntos.Liceo Francés foi sancionado con 1 puntos.
PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos
PF - Puntos a favorPC - Puntos en contra
O campión da categoría foi o Rugby Club Valencia.
Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 2001-2002 Outros artigos División de Honra de Rugby 2001-2002
Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2001 Categoría:Rugby en 2002