A tempada 2002-2003 da División de Honra B foi a quinta edición da segunda división do rugby en España creada catro anos atrás pola Federación Española de Rugby. Formato de competición Nesta edición o número de participantes mantívose en dez, e o formato non foi modificado, contanto cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o ascenso directo á División de Honra, e os dous últimos o descenso directo a Primeira Nacional.

Os dez equipos participantes foron o ADUS, Arquitectura, Oviedo, Bera Bera e CDU Granada participantes na edición anterior; o Ciencias e Getxo descendidos da División de Honra; o CAR e CDU Málaga ascendidos da Primeira Nacional; e o BUC da Primeira Nacional que ocupou a praza deixada polo Montjuic, equipo que desapareceu.

A liga contou con 18 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.

Clasificación PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPC 1º. Getxo R.T.33 18 16 1 1 691 224 2º. Bera Bera R.T. 30 18 15 0 3 563 232 3º. C.R. Ciencias 27 18 13 1 4 535 289 4º. B.U.C. 23 18 11 1 6 371 297 5º. C.D. Arquitectura 16 18 8 0 10 343 302 6º. Oviedo R.C. 14 18 7 0 11 341 437 7º. C.A.R. 14 18 7 0 11 342 454 8º. A.D.U.S. 12 18 6 0 12 300 516 9º. C.D.U. Málaga 9 18 4 1 13 284 493 10º. C.D.U. Granada 2 18 1 0 17 168 694

Posicións de ascenso directo (1º e 2º). Posicións de descenso directo (9º e 10º).

PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos

PF - Puntos a favorPC - Puntos en contra

O campión da categoría foi o Getxo Rugby Taldea.

Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 2002-2003 Outros artigos División de Honra de Rugby 2002-2003

Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2002 Categoría:Rugby en 2003