A tempada 2004-2005 da División de Honra B foi a sétima edición da segunda competición de liga do rugby en España, creada en 1998 pola Federación Española de Rugby. Formato de competición Nesta edición o número de participantes medrou de dez a dezaseis, e o formato de competición tivo un troco salientable, xa que o torneo se dividiu en dous grupos de oito equipos cada un. Esta división de natureza xeográfica tivo como obxectivo que os equipos tivesen menos desprazamentos e que fosen máis curtos, para reducir gastos. O Grupo 1 estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o Grupo 2 estivo formado por oito equipos da metade sur de España incluíndo Madrid.
Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo. Por outra banda, o peor equipo de cada grupo perdeu a categoría de xeito directo, e o penúltimo tivo que disputar unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, sumando dous puntos por vitoria e un por empate.
Fase de liga regular Grupo 1 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPC 1º. Ordizia R.E.25 14 12 1 1 568 188 2º. B.U.C. 24 14 12 0 2 728 135 3º. Hernani C.R.E. 18 14 8 2 4 335 285 4º. R.C. L'Hospitalet 17 14 8 1 5 522 279 5º. Vigo R.C. 11 14 5 1 8 305 368 6º. Oviedo R.C. 10 14 4 2 8 255 315 7º. Durango R.T. 7 14 3 1 10 213 435 8º. León R.C. 0 14 0 0 14 78 999 Grupo 2 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPC 1º. C.R. Les Abelles24 14 12 0 2 420 174 2º. C.R. Liceo Francés 20 14 10 0 4 418 182 3º. R.C. Valencia 16 14 8 0 6 249 241 4º. C.A.U. Valencia 14 14 7 0 7 250 329 5º. C.R. Cisneros 13 14 6 1 7 296 245 6º. C.R.A. Portuense 12 14 6 0 8 280 324 7º. C.A.R. 9 14 4 1 9 280 371 8º. C.U.R. Murcia 4 14 2 0 12 176 503
Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). Posición de promoción de permanencia (7º). Posición de descenso directo (8º).
PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos
PF - Puntos a favorPC - Puntos en contra
Fase de ascenso SemifinaisFinal C.R. Les Abelles '''12 '''12 '''B.U.C. '''28 '''20 '''B.U.C.'''36 '''Ordizia R.E.'''47 '''Ordizia R.E. '''10 '''17 C.R. Liceo Francés '''13 '''3 O campión da categoría foi o Ordizia Rugby Elkartea, que acadou o ascenso á División de Honra co finalista Barcelona Universitari Club. Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 2004-2005 Outros artigos División de Honra de Rugby 2004-2005
Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2004 Categoría:Rugby en 2005