A tempada 2006-2007 da División de Honra B foi a novena edición da segunda división da liga de rugby de España, creada en 1998 pola Federación Española de Rugby. Formato de competición Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España, cos equipos de Valencia repartidos entre os dous grupos.

Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo. Por outra banda, o peor equipo de cada grupo perdeu a categoría de xeito directo, e o penúltimo tivo que disputar unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.

A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando por vez primeira o novo sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.

Fase de liga regular Grupo 1 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. C. Alcobendas R.69 14 14 0 0 634 117 13 2º. Hernani C.R.E. 48 14 11 0 3 299 219 4 3º. R.C. Cornellá 36 14 7 1 6 255 313 6 4º. Gernika R.T. 35 14 7 0 7 336 260 7 5º. Vigo R.C. 34 14 6 1 7 303 264 8 6º. Durango R.T. 30 14 6 0 8 246 271 6 7º. Oviedo R.C. 16 14 3 0 11 191 454 4 8º. R.C. Valencia 6 14 1 0 13 127 493 2 Grupo 2 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. C.R. Ciencias58 14 13 0 1 356 180 6 2º. C.R. Les Abelles 46 14 9 0 5 373 256 10 3º. C.A.U. Valencia 45 14 9 0 5 399 179 11 4º. C.D.U. Granada 40 14 9 0 5 282 263 4 5º. C.R.A. Portuense27 14 5 1 8 214 310 5 6º. C.D.U. Málaga 23 14 4 0 10 234 327 7 7º. C.D. Mairena 20 14 4 1 9 193 389 2 8º. C.U.R. Murcia 9 14 2 0 12 189 336 3

Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). Posición de promoción de permanencia (7º). Posición de descenso directo (8º).

PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos

PF - Puntos a favorPC - Puntos en contraB - Puntos bonus

Fase de ascenso  SemifinaisFinal             '''C.R. Ciencias '''25 '''48    Hernani C.R.E. '''23 '''11        C.R. Ciencias'''10    '''C. Alcobendas R.'''20     '''C. Alcobendas R. '''15 '''39   C.R. Les Abelles '''12 '''13  O campión da categoría foi o Club Alcobendas Rugby, que acadou o ascenso á División de Honra co finalista Club de Rugby Ciencias. Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 2006-2007 Outros artigos División de Honra de Rugby 2006-2007

Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2006 Categoría:Rugby en 2007