A tempada 2007-2008 da División de Honra B foi a décima edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby. Formato de competición Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España e Madrid, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España.
Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo. Por outra banda, o peor equipo de cada grupo perdeu a categoría de xeito directo, e o penúltimo tivo que disputar unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando por vez primeira o novo sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.
Fase de liga regular Grupo 1 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. C.R. Liceo Francés67 14 13 0 1 593 170 15 2º. Gernika R.T. 57 14 12 0 2 630 197 9 3º. C.R. Cisneros 47 14 9 0 5 472 229 11 4º. Hernani C.R.E. 41 14 8 1 5 409 278 7 5º. Durango R.T. 31 14 5 1 8 285 301 9 6º. Vigo R.C. 23 14 5 0 9 263 302 3 7º. Oviedo R.C. 12 14 2 1 11 130 573 2 8º. R.C. Cornellá 1 14 0 1 13 85 817 0 Grupo 2 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. C.R. Les Abelles56 14 11 2 1 397 143 8 2º. C.R. La Vila 50 14 10 0 4 439 246 10 3º. C.R.A. Portuense 48 14 10 1 3 345 277 6 4º. Helvetia Rugby 46 14 9 0 5 375 271 10 5º. C.A.U. Valencia38 14 8 0 6 341 252 6 6º. Jaén R.C. 26 14 4 1 9 362 438 8 7º. C.D.U. Málaga 10 14 2 0 12 227 458 4 8º. C.D.U. Granada 4 14 0 0 14 164 565 4
Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). Posición de promoción de permanencia (7º). Posición de descenso directo (8º).Málaga sancionado con 2 puntos e Cornellá con 1 punto.
PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos
PF - Puntos a favorPC - Puntos en contraB - Puntos bonus
Fase de ascenso SemifinaisFinal C.R. Liceo Francés '''21 '''26 '''C.R. La Vila '''41 '''23 '''C.R. La Vila'''23 C.R. Les Abelles'''22 '''C.R. Les Abelles '''3 '''12 Gernika R.T. '''3 '''6 O campión da categoría foi o Club de Rugby La Vila, que acadou o ascenso á División de Honra co finalista Club de Rugby Les Abelles. Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 2007-2008 Outros artigos División de Honra de Rugby 2007-2008
Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2007 Categoría:Rugby en 2008