The Culling é un videoxogo de combate en primeira persoa de estilo "battle royal" desenvolvido por Xaviant. O xogo foi estreado por Steam Early Access o 24 de marzo de 2016 para Microsoft Windows e Linux.

Modo de xogo Os xogadores atópanse nunha pequena illa chea de varias trampas e construcións. Durante o xogo, os participantes na loita poden interactuar con covas, pontes, gas velenoso, barrís explosivos e outros obxectos. Completando diferentes tarefas como sobrevivir uns poucos minutos, desprazarse unha certa distancia ou interactuar coa contorna, os xogadores reciben "F.U.N.C". F.U.N.C é a moeda empregada no xogo para crear ou mellorar os equipamentos.

Desenvolvemento The Culling foi deseñado por Xaviant para ser desfrutado por xogadores e por aqueles que ven a partida.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Videoxogos de 2016 Categoría:Shooters en primeira persoa Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Linux Categoría:Videoxogos de Xbox One