Ingo Hoffmann, nado o 28 de febreiro de 1953, é un expiloto brasileiro da cidade de São Paulo. Participou en seis Grandes Premios de Fórmula Un, debutou o 25 de xaneiro de 1976. Non anotou ningún punto de campionato.
Historia
Inicios Hoffman comezou a súa carreira no Brasil competindo en Fórmula Vee e coche berlinas. Marchou a Inglaterra en 1975 e competiu na Fórmula 3 nun March, antes de pasar a Fórmula 1 en .
Anos na Fórmula 1
A carreira de Fórmula Un de Hoffmann viuse obstaculizada polos problemas financeiros do equipo de Fittipaldi, e pilotou o segundo coche do equipo cando realmente o equipo só podía permitirse correr con un. Isto significou que Hoffmann só participou en determinadas carreiras seleccionadas, e, finalmente, o segundo coche foi abandonado por completo. Participou en catro Grandes Premios en , non se clasificou para tres deles e logrou un undécimo lugar, foi o mellor resultado conseguido. En , Hoffman competiu no Gran Premio da Arxentina de 1977 en Bos Aires, e nuevamente no Gran Premio do Brasil de 1977 en Interlagos, onde terminou sétimo, a dúas voltas do gañador. Con todo, esa foi a última carreira de Hoffman na Fórmula 1, xa que retirouse o segundo coche de Fittipaldi.
Logo da Fórmula Un miniatura|dereita|Hoffmann nun Chevrolet Opala no Campionato do Brasil de Stock Car, de 1988
Co final da súa carreira na Fórmula Un, Hoffmann competiu na Fórmula 2 e no proxecto catro cun Ralt e un March en 1977 e 1978, (que foi o seu último ano en Europa). Tamén competiu en coches deportivos e berlinas tanto en Europa como en Suramérica. En particular, Ingo Hoffmann gañou 12 veces o Campionato Stock Car do Brasil (1980, 1985, 1989-1994, 1996-1998 e 2002). En decembro de 2006, logrou a súa vitoria número 100 (nas carreiras nos circuítos brasileiros) no Autódromo Internacional Nelson Piquet na carreira final da tempada 2006.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos Copersucar-Fittipaldi Fittipaldi FD03 Cosworth V8 BRA11 RSA NC 0 Fittipaldi FD04 USWNSC ESPNSC BEL MON SWE FRANSC GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN Copersucar-Fittipaldi Fittipaldi FD04 Cosworth V8 ARXRet BRA7 RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN NC 0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Instituto Ingo Hoffmann Entrevista com Ingo Hoffman - an interview about his career Biography at F1 Rejects
Categoría:Nados en 1953 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Brasil Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Fittipaldi Categoría:Nados en São Paulo