Os aleutianos (en , Aleut'y), que na súa propia lingua son coñecidos como Unangax̂ ("pobo", Unangan en singular), son un pobo indíxena das Illas Aleutianas.
Tanto o pobo como as illas están divididos entre Alasca, nos Estados Unidos de América e o Krai de Kamchatka, en Rusia.
Lingua Malia que o inglés e o ruso son as linguas dominantes faladas polos aleutianos, a lingua aleutiana aínda é falada por unhas 150 persoas nos Estados Unidos e por 5 persoas en Rusia."Aleut." Ethnologue. Consultado o 3 de febreiro de 2014. A lingua pertence á familia de linguas esquimó-aleutianas e inclúe tres dialectos: o oriental, o atkan, falado nas illas de Atka e Bering; e o extinto da illa de Attu. As illas Pribilof son as que maior número de falantes activos teñen.
O aleutiano escribiuse en alfabeto cirílico dende 1829. A partir de 1870, a lingua foi escrita en alfabeto latino. Foron publicados un dicionario e unha gramática en lingua aleutiana, e algunhas partes da Biblia tamén foron traducidas.
Notas
Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos étnicos de Rusia