Avelina Lésper, nada o 5 de maio de 1973, é unha escritora, historiadora, columnista e crítica de arte mexicana. É literata da Universidade Nacional Autónoma de México e graduada en historia da arte da Universidade Politécnica de Łódź de Polonia. Escribe artigos na súa páxina persoal, revistas especializadas en arte, ademais conta cun espazo no xornal Milenio. É acérrima defensora da arte figurativa e hiperrealista.
Lésper é coñecida polo seu libro El fraude del arte contemporáneo, unha publicación que contén fortes pronunciamentos que puxeron a opinar a prol e en contra da súa tese. A controvertida crítica argumenta que as instalacións, videoarte e performance non é arte, “é lixo”, sostén que a arte contemporánea está en crise.
Obra El fraude del arte contemporáneo. Bogotá: El Malpensante, 2015. ISBN 9789585894228
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Artistas de México Categoría:Escritores de México