Quanah Parker (en comanche: kwana, "cheiro, olor"), nado c. 1845 ou 1852, e finado o 23 de febreiro de 1911 foi un líder guerreiro da banda Quahadi ("antílope") dos comanches.

Traxectoria Naceu na banda Nokoni ("vagabundos"), fillo do xefe comanche Peta Nocona e de Cynthia Ann Parker, unha anglotexanaHämäläinen (2018), p. 467 que foi secuestrada de nena e que foi asimilada na tribo. Despois da captura de varios xefes kiowa en 1871, Quanah emerxeu como figura dominante na guerra do río Vermello, enfrontándose en varias ocasións co Coronel Ranald S. Mackenzie. Por mor da caza até a extinción que os brancos practicaron sobre o bisonte, o sustento primario dos comanches, Quanah finalmente rendeuse e liderou pacificamente ós Quahadi até a reserva de Fort Sill, Oklahoma.

Quanah Parker nunca foi elixido como xefe polo seu pobo, pero foi nomeado polo goberno federal como principal xefe de toda a nación comanche, converténdose no principal emisaio dos indíxenas americanos do suroeste. Na súa vida civil, gañou riqueza como gandeiro, asentándose preto de Cache, Oklahoma. Aínda que animou ós comanches na súa cristianización, avogou pola alternativa sincrética da Igrexa nativa americana, e loitou polo uso legal de peiote dentro das prácticas relixiosas do movemento.Hayward, Robert (2011). The Thirteenth Step: Ancient Solutions to the Contemporary Problems of Alcoholism and Addiction using the Timeless Wisdom of The Native American Church Ceremony. Native Son Publishers Inc. Foi escollido shériff de Lawton en 1902.

Morte Despois da súa morte o 23 de febreiro de 1911, o título de xefe foi substituído polo de presidente, polo que Quanah é descrito como o "derradeiro xefe dos comanches". Está enterrado en Chief's Knoll, Fort Sill. Moitas cidades e sistemas de estradas no suroeste de Oklahoma e no norte de Texas, outrora o sur da Comanchería, fan referencia ó seu nome.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Weston La Barre, The Peyote Cult, New Haven, CT: Yale University Press, 1938 Paul H. Carlson e Tom Crum, Myth, Memory and Massacre: The Pease River Capture of Cynthia Ann Parker, Texas Tech University Press, 2011

Jo Ann Powell Exley, Frontier Blood: the Saga of the Parker Family, Texas A & M University, 2001 William T. Hagan, United States-Comanche Relations: The Reservation Years, New Haven, CT: Yale University Press, 1976 William T. Hagan, Quanah Parker, Comanche Chief, Norman, OK: University of Oklahoma Press, 1993 Clyde L. e Grace Jackson, Quanah Parker, last chief of the Comanches; a study in Southwestern Frontier history, Nova York, Exposition Press, 1963 Bill Neeley, The Last Comanche Chief: The Life and Times of Quanah Parker, Nova York: John Wiley and Sons, 1995 Jack K. Selden, Return: The Parker Story, Clacton Press, 2006

Categoría:Estadounidenses de ascendencia comanche Categoría:Nados no século XIX Categoría:Finados en 1911 Categoría:Líderes nativos americanos