No legendarium de J. R. R. Tolkien, as Ered Nimrais (Montañas Brancas en sindarin) ou Montañas do Corno Branco son unha gran cadea montañosa ficticia da Terra Media que transcorre do oeste para o leste entre Gondor e Rohan, ó sur de Hithaeglir. Ten unha lonxitude de polo menos novecentos quilómetros, xa que nace a carón do río Anduin e chega case até o marKaren Wynn Fotland, Atlas de la Tierra Media, timunmas, 2003, p.4, 17, 53, 85, 88, 89.

Historia Os primeiros en habitar as Montañas do Corno Branco foron os devanceiros dos isengardos e dos woses, e xa na Terceira Idade foron habitadas polas xentes de Gondor e mais polos rohirrim. Ó norte do cordal atópanse as fortificacións dos rohirrim, o Abismo de Helmo e O Sagrario. Na faldra do último pico do leste, ergueuse Minas TirithDavid Day, Enciclopedia Ilustrada, timunmas, 1992, p.99.

Notas

Categoría:Xeografía de Arda