Castro das Modias é un castro de outeiro fortificado situado en San Martiño do Porto, no concello de Cabanas.Castros de Cabanas, O Noso Patrimonio

miniatura|esquerda|Torque de San Martiño do Porto. Actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón. Descrición

Está situado nunha península de forma case oval. O río Castro fai de defensa natural. Polo norte o terraplén chega ata o río. O castro está cortado polo oeste pola trincheira do tren. O recinto central mide uns 80 por 100 metros. Está arrodeado por un terraplén rematado nun muro de terra dun metro de altura no interior e de dous a catro metros no exterior; o muro desaparece case na súa totalidade na cara norte.

A croa está dividida en parcelas empregadas como plantación de eucaliptos e prados.

Nas Modias achouse o torque de Porto que foi adquirido pola Deputación da Coruña en 1868, consérvase actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Ligazóns externas

Modias