Sarah Breedlove, nada en Delta (Luisiana) o 23 de decembro de 1867 e finada en Irvington-on-Hudson (Nova York) o 25 de maio de 1919 foi unha empresaria, filántropa e activista social e política estadounidense coñecida como C. J. Walker. Eloxiada como a primeira millonaria “feita a ela mesma” nos Estados Unidos, converteuse nunha das máis ricas mulleres emprendedoras do país, así como a máis rica muller afroamericana e unha das empresarias afroamericanas de maior éxito da historia.
Walker fixo a súa fortuna desenvolvendo e vendendo unha liña de produtos de beleza e para o cabelo destinados a mulleres de raza negra mediante a Madame C.J. Walker Manufacturing Company, empresa de éxito que ela fundou. Walker tamén foi coñecida pola súa filantropía e activismo. Fixo doazóns a numerosas organizacións e convereuse en mecenas das artes. Vila Lewaro, a luxosa facenda de Walker en Irvington-on-Hudson, Nova York, serviu como lugar de reunión social para a comunidade afroamericana.
Traxectoria Infancia miniatura|Madam Walker e varias amigas no seu automóbil miniatura|C. J. Walker Manufacturing Company, Indianapolis, 1911 Breedlove nceu o 23 de decembro de 1867 preto de Delta, Louisiana, filla de Owen e Minerva (Anderson) Breedlove.Bundles, "Madam C J (Sarah Breedlove) Walker, 1867–1919" in Black Women in America, v. II, p. 1209. Sarah foi unha dos seis fillos, e tiña unha irmá máis vella, Louvenia, e catro irmáns: Alexander, James, Solomon e Owen Jr. Os pais e os irmáns máis vellos foron escravos na plantación Madison Parish, de Robert W. Burney, mais Sarah foi a primeira da familia nada en liberdade. A súa nai morreu, posiblemente de cólera en 1872. O seu pai volveu casar, mais faleceu uns anos despois. Orfa á idade de sete anos, Sarah mudouse a Vicksburg, Mississippi á idade de dez anos e traballou como traballadora doméstica. Antes do seu primeiro matrimonio, viviu coa súa irmá máis vella, Louvenia, e o seu cuñado, Jesse Powell.
Matrimonio e familia En 1882, aos catorce anos, Sarah casou con Moses McWilliams, posiblemente para fuxir do maltrato do seu cuñado. Sarah e Moses tiveron unha filla, Lelia McWilliams, nada o 6 de xuño de 1885. Cando Moses morreu en 1887, Sarah tiña trinta anos e Lelia dous. Sarah volveu casar en 1894, pero deixou o seu segundo home, John Davis, arredor de 1903 e mudouse a Denver, Colorado, en 1905.
En xaneiro de 1906, Sarah casou con Charles Joseph Walker, vendedor de anuncios en xornais que coñecera en Missouri. Por este matrimonio comezou a ser coñecida como Madam C. J. Walker. A parella divorciouse en 1912 e Charles morreu en 1926. Lelia McWilliams adoptou o apelido do seu padrasto e foi coñecida como A'Lelia Walker.Bundles, "Madam C J (Sarah Breedlove) Walker, 1867–1919" in Black Women in America, v. II, pp. 1210–11.
Carreira En 1888 Sarah e a súa filla mudáronse a St. Louis, Missouri, onde vivían tres dos seus irmáns. Sarah atopou traballo como lavandeira, gañando apenas un dólar ao día, mais decidiu que gañaría cartos abondos para dar á súa filla unha educación formal. Durante a década de 1880, Breedlove viviu nunha comunidade na que se desenvolveu o ragtime e ela cantou na St. Paul African Methodist Episcopal Church e comezou a arelar unha vida educada mentres vía as mulleres da igrexa. Como era común entre as mulleres negras da súa época, Sarah padeceu caspa e outros problemas no coiro cabeludo, como calvicie debida a doenzas da pel e a aplicación de produtos duros como lixivia que estaban incorporados nos xabóns. Outros factores que contribuíron á súa perda de cabelo eran a dieta pobre, enfermidades, e aseo pouco habitual nunha época en que a maioría dos estadounidenses non dispuñan de tubaxes, calefacción e electricidade. (requírese subscrición)
miniatura|Madam C. J. Walker's Wonderful Hair Grower na colección permanente do The Children's Museum of Indianapolis. Inicialmente, Sarah aprendeu sobre o coidado do cabelo dos seus irmáns, que eran barbeiros en Saint Louis. Arredor do tempo da Feira Mundial de Saint Louis de 1904, converteuse nunha axente a comisión que vendía produtos para Annie Turnbo Malone, empresaria do coidado do cabelo afroamericana e propietaria de Poro Company. Mentres traballaba para Malone, que logo se convertería na maior rival de Walker na industria, Sarah comezou a adaptar o seu coñecemento sobre o cabelo para desenvolver a súa propia liña de produtos.
En xullo de 1905, aos trinta e sete anos, Sarah e a súa filla marcharon a Denver, Colorado, onde continuou a vender produtos para Malone e desenvolver o seu propio negocio. Tralo matrimonio con Charles Walker en 1906, comezou a ser coñecida como Madam C. J. Walker e converteuse nunha peiteadora e vendedora de cosméticos independente. Adoptou o apelativo "Madam" das pioneiras francesas da industria da beleza. O seu home, que era o seu socio no negocio, proporcionaba consello na publicidade e promoción; Sarah vendía os seus produtos de porta a porta, ensinando a outras mulleres negras a coidar e arranxar o seu cabelo.
En 1906 Walker colocou a súa filla ao cargo da operación comercial en Denver mentres que ela e o seu home viaxaban a través do sur e o leste dos Estados Unidos para expandir o negocio. En 1908 Walker e o seu home mudáronse a Pittsburgh, Pensilvania, onde abriron un salón de beleza e estableceron o Lelia College para adestrar "culturistas do cabelo" (“hair culturists”). Tras pechar o negocio en Denver en 1907, A'lelia encargouse das operacións diarias en Pittsburgh, mentres que Walker establecía unha nova base en Indianapolis en 1910. A'lelia tamén persuadiu a súa nai para establecer un despacho e un salón de beleza en Harlem (Nova York) en 1913.
En 1910 Walker moveu o seu negocio a Indianapolis, onde estableceu o cuartel xeral da Madame C. J. Walker Manufacturing Company. Inicialmente buscaba unha casa e unha fábrica en 640 North West Street.Gugin and Saint Clair, p. 361. Máis tarde, construíu unha fábrica, un salón de peiteado, unha escola de beleza para adestrar as súas axentes de venda, e engadiu un laboratorio para axudar coa investigación. Tamén formou un equipo competente que incluía a Freeman Ransom, Robert Lee Brokenburr, Alice Kelly e Marjorie Stewart Joyner, para axudar na dirección da crecente compañía. Moitos dos empregados na súa compañía, incluíndo postos clave e directivos, eran mulleres.
Para incrementar as vendas da empresa, Walker adestrou outras mulleres para converterse en expertas en beleza usando "The Walker System", método de coidado deseñado para favorecer o crecemento do cabelo e acondicionar o coiro cabeludo mediante os seus produtos. O sistema incluía un xampú, unha pomada, cepillados vigorosos e aplicación de peites de ferro no pelo. O método aseguraba que volvía o pelo crispado e deslucido, suave e exuberante. A liña de produtos de Walker tiña varios competidores. Produtos semellantes se producían en Europa e Norteamérica, entre os que estaban as súas principais rivais, Annie Turnbo Malone's Poro System e máis tarde, Sarah Spencer Washington's Apex System.
Entre 1911 e 1919, no máis alto da súa carreira, Walker e a súa compañía empregaban varios miles de mulleres e axentes de vendas para os seus produtos. En 1917 a empresa afirmaba que adestrara preto de 20 000 mulleres. Vestida cun uniforme característico formado por camisa branca e saia negra e levando carteiras negras, visitaban casas nos Estados Unidos e no Caribe ofrecendo a pomada capilar e outros produtos empaquetados en latas coa súa imaxe. Walker entendou o poder da publicidade e publicou moitos anuncios, especialmente en xornais e revistas afroamericanas, ademais de realizar numerosas viaxes para promover os seus produtos, o que a axudou a ser moi popular nos Estados Unidos. O nome de Walker fíxose aínda máis célebre na década de 1920, trala súa morte, coa expansión do seu negocio a Cuba, Xamaica, Haití, Panamá e Costa Rica.
Ademais de adestrar en vendas e coidado, Walker axudou outras mulleres negras a financiar e crear os seus propios negocios e animounas a ser independentes financeiramente. En 1917, inspirada polo modelo da National Association of Colored Women, comezou a organizar as súas axentes en clubs e locais. O resultado foi o establecemento da National Beauty Culturists and Benevolent Association of Madam C. J. Walker Agents (predecesora da the Madam C. J. Walker Beauty Culturists Union of America). Deu a súa primeira conferencia anual en Filadelfia no verán de 1917 con 200 asistentes. Considérase que a conferencia foi das primeiras reunións nacionais de mulleres empresarias para discutir sobre negocios e comercio. Durante a convención, Walker entregou premios á mulleres que máis produtos venderan e tamén recompensou a aquelas que fixeran as maiores contribucións á caridade nas súas comunidades.
Activismo e filantropía miniatura|Casa de Irvington Segundo aumentaba a súa riqueza e fama, difundiu máis os seus puntos de vista. En 1912 acudiu a unha reunión anual da National Negro Business League (NNBL) onde declarou dende o chan da planta baixa:
O ano seguinte dirixiuse aos asistentes dende a palestra como voceira principal.
Axudou a conseguir fondos para establecer unha sección da Young Men's Christian Association (YMCA) na comunidade negra de Indianapolis, doando mil dólares para a construción do edificio. Tamén doou cartos para bolsa á Tuskegee Institute. Outros beneficiarios foron Indianapolis's Flanner House e Bethel African Methodist Episcopal Church; Mary McLeod Bethune's Daytona Education and Industrial School for Negro Girls (máis tarde Bethune-Cookman University) en Daytona Beach, Florida; Palmer Memorial Institute en Carolina do Norte; e Haines Normal and Industrial Institute en Xeorxia. Walker foi tamén patroa das artes.
Arredor de 1913, a filla de Walker, A'Lelia, mudouse á un novo local en Harlem, e en 1916 Walker uniuse a ela en Nova York, deixando as operacións cotiás da súa compañía ao mando do seu equipo en Indianapolis. En 1917 Walker contratou a Vertner Tandy, primeiro arquitecto negro de Nova York e membro fundador da fraternidade Alpha Phi Alpha, para deseñar a súa casa en Irvington-on-Hudson, Nova York. Walker intentou que Vila Lewaro, que custou 250 000 dólares, se convertese nun lugar de reunión para os líderes da comunidade e que inspirase outros afroamericanos a perseguir os seus soños.Bundles, "Madam C J (Sarah Breedlove) Walker, 1867–1919" in Black Women in America, v. II, p. 1213. Mudouse á casa en maio de 1918 e inaugurouna cun acto en honra de Emmett Jay Scott, nesa época Assistant Secretary for Negro Affairs do departamento de guerra dos Estados Unidos de América.
Walker involucrouse máis nos asuntos políticos trala súa chegada a Nova York. Deu conferencias sobre temas políticos, económicos e sociais en convencións patrocinadas por institucións negras. Entre os seus amigos e socios estaban Booker T. Washington, Mary McLeod Bethune e W. E. B. Du Bois. Durante a primeira guerra mundial Walker foi a líder de Circle For Negro War Relief e avogou polo establecemento de campos de adestramento para oficiais negros do exército. En 1917 uniuse ao comité executivo da sección de Nova York da National Association for the Advancement of Colored People (NAACP), que organizou a protesta silenciosa na Quinta Avenida da cidade. A manifestación levou máis de 8000 persoas a protestar contra uns disturbios en East Saint Louis nos que foron asasinados trinta e nove afroamericanos.