Aecio de Amida (en , ), nado en Amida, sueste da Anatolia en 502 e finado en 575, foi un escritor e médico bizantino, especialmente distinguido pola súa grande erudición. Os historiadores non están de acordo sobre o período histórico en que viviu. É descrito por algúns escritores como vivindo o século IV; mais é evidente, a partir dos seus propios traballos, que estivo en plena actividade a finais do século V, ou comezos do VI, unha vez que se refire non só ao patriarca Cirilo de Alexandría, que morreu en 444,tetrab. iii. serm. i. 24, p. 464 mais tamén a Pedro 'arquiatro' (o primeiro dos médicos), que podería ser identificado co médico de Teodorico o Grande,tetrab. ii. serm. iii. 110, p. 357 a quen define como sendo un contemporáneo. El mesmo é citado por Alexandre de Trales,Alexandre de Trales, xii. 8, p. 346 que viviu probabelmente a mediados do século VI. Era probabelmente cristián, o que talvez poida ser explicado, por ser confundido con Aecio de Antioquía, un famoso ariano, que viviu no tempo do emperador Xuliano.
Notas
Categoría:Nados en 502 Categoría:Finados en 575