A sexta dinastía de Exipto transcorre de ca. 2345 - 2181 a. C. e é considerada pola maioría dos exiptólogos como a derradeira etapa do Imperio Antigo de Exipto. miniatura|342x342px|Keti. Louvre.

Faraóns Os faraóns coñecidos da sexta dinastía figuran na táboa seguinte. Manetón outórgalle á dinastía 203 anos de reinado desde Teti ata Nitocris, mentres que o Canon de Turín asigna 181 anos de reinad, pero con tres faraóns adicionais que rematan con Aba, descontando os reinados dos reis da VIII dinastía engadidos, isto redúcese a 155 anos de reinado. Esta estimación varía entre estudosos e fontes.

+Faraóns da VI dinastíaNome do Faraón Nome de Horus Datas propostas Duración estimada do reinado Pirámide Raíñas(s) Teti (Horus) Seheteptawy 2345–2333 a. C. Manetón: 30–33 anosRoyal Turin Canon (RCT): 7 mesesCattle count: 6º = 12–13 anos Pirámide de Teti en Saqqara Khentkaus IIIIput IKhuit Userkare (descoñecido) 2333–2331 a. C. Manetón: Sen proba, posiblemente envolto no asasinato de TetiRCT: Posiblemente perdido nunha lagoa temporalCattle count: descoñecido, perdido nunha lagoa temporal(?) Pepi I Nefersahor (orixinalmente)Merenre (posteriormente) 2331–2287 a. C. Manetón: 52 anosRCT: 20 ou 44 anosCattle count: 25º = 49–50 anos Pirámide de Pepi I no sur de Saqqara Ankhesenpepi IAnkhesenpepi IINubwenetMeritites IVInenek-IntiMehaaNedjeftet Merenre I Merenre 2287–2278 a. C. Manetho: 7 yearsRCT: 6 yearsCattle count: 5º + 1 ano = 10 anos Pirámide de Merenre no sur de Saqqara Ankhesenpepi II Pepi II Neferkare Neferkare 2278–2184 a. C. Manetón: 94 anosRCT: 90 anosCattle count: 33º = 64–66 anos Pirámide de Pepi II no sur de Saqqara NeithIput IIAnkhesenpepi IIIAnkhesenpepi IVUdjebten Merenre II Merenre [Nemty?]emsaf 2184 a. C. Manetón: 1 anoRCT: 1 ano, 1 mes Netjerkare SiptahouNitocris (descoñecido) 2184–2181 a. C. Manetón: Nitocris durante 12 anosRCT: Orixinalmente pensado para identificar a Nitocris, un recente estudo sobre o papiro modificou esta valoración en favor de Netjerkare, que tamén está testemuñado na lista de reis de Abidos.

Historia Manetón escribe que estes faraóns gobernaron dende Menfis, Mennefer en lingua exipcia, nome tomado da pirámide de Unis que foi construída próxima; os arqueólogos concordan con Manetón.

Esta dinastía fundouna Teti, casado con Iput, posiblemente filla do rei Unis da dinastía V. Outros membros notables desta dinastía foron Pepi II, ó que se lle asigna un reinado de 94 anos, o máis longo na historia de Exipto; e a raíña Neithikert, tamén coñecida como Nitocris polos escritores gregos, de quen algúns eruditos din que non só foi a primeira raíña acreditada do antigo Exipto, senón a primeira muller gobernante do mundo.

Durante esta dinastía, organizáronse expedicións ás minas de turquesa en Uadi Maghara no Sinaí, así como ás de Uadi Hammamat e Hatnub. Dyedkara-Isesi enviou expedicións comerciais ao sur, até Punt, e ó norte até Biblos; Pepi I organizará campañas, non soamente a estes lugares, tamén chegarán até Ebla, ó norte de Siria.

Desta época dátase un gravado de Asuán, coa imaxe dun dromedario e o seu xinete, desmentindo que a chegada deste animal ó deserto do Sáhara, procedente de Oriente, fose en época cristiá(Schweinfurth Zeitschrift für Ethnologie 1912, 633. Cf. Moret, 1956, 162)

O coñecemento da historia deste período amplíase máis que cos reis anteriores, polas numerosas inscricións biográficas atopadas nas tumbas dos nobres. Así ouvimos falar dunha conspiración fracasada contra Pepi I. Tamén podemos ler unha carta escrita polo novo rei Pepi II, excitado porque unha das súas expedicións volvía cun anano danzante da terra do Yam, localizada ao sur de Nubia.

Cronoloxía da VI dinastía Cronoloxía estimada polos seguintes exiptólogos: Primeiro faraón: Teti 2374-2354 (Redford) 2345-2323 (Shaw) 2323-2291 (Allen) 2322-2312 (von Beckerath) 2318-2300 (Franke) 2311-2281 (Malek) Último faraón: Merenra Nemtyemsaf II 2261-2260 (Piccione) c. 2206 (Redford) 2194-2193 (von Beckerath) 2180 (Franke) c. 2152 (Allen) 2142-2141 (Malek) Último faraón: Nitocris (?) 2205-2200 (Redford) 2193-2191 (von Beckerath) 2184-2181 (Shaw) 2180- ? (Krauss, Franke) 2152-2150 (Allen) 2141-2140 (Malek)

Cronograma

Notas

Referencias

Dinastía precedente Dinastía Dinastía seguinte Quinta Dinastía Sexta dinastía Sétima Dinastía

Categoría:Sexta dinastía de Exipto