O ácido undecanoico ou ácido undecílico é un ácido graxo que contén unha cadea lineal de once carbonos, non ramificada, coa fórmula , simbolizado como C11:0.

A temperatura ambiente moderada é un sólido incoloro, que funde a 24,5 °C, con cheiro a aldehido. Descomponse a 275 °CPaulus, W. Microbicides for the Protection of Materials: A Handbook. Springer Science & Business Media, 2012. ISBN 9789401121187. e a 15 mm de Hg de presión ferve a 164,5 °C.Burdock, G.A.. Encyclopedia of Food and Color Additives. CRC Press, 1997. ISBN 9780849394140 A 25 °C a súa densidade é de 0,912 g/cm3 e o seu índice de refracción é de 1,4478. O seu punto de inflamación é de 166 °C. É insoluble en auga e moi soluble en etanol, cloroformo e acetona. É soluble en benceno en calquera proporción. Obtense do aceite de rícino por redución do ácido undecilénico. A súa estrutura cristalina é ortorrómbica, e pertence ao grupo espacial P21/c, a súa cela elemental ten os seguintes valores: a = 25,839 Å, b = 4,9123 Å, c = 10,0285 Å, α = 90°, β = 99,010 ° e γ = 90°.Bond, Andrew D. On the crystal structures and melting point alternation of the n-alkyl carboxylic acids. New J. Chem., 28, 1, 12-01-2004, pàg. 104–114. DOI: 10.1039/b307208h. ISSN: 1369-9261.

Na natureza encóntrase na manteiga e nos aceites esenciais de Artemisia frigida, Chamaecyparis pisifera, Thymus marschollianus, no coco, nas mazás, no plátano (Musa sapientum), na guindeira (Prunus cerasus), en diferentes queixos (azul, suízo, cheddar), no viño branco, no té negro e na manga.

Parece estar implicado na síntese de triacilglicerois. Atópase no leite humano, no plasma seminal e outros fluídos. En bebidas alcohólicas detectouse na cervexa, o viño, o brandy, o whisky e o ron.Nykänen, L.; Suomalainen, H. Aroma of Beer, Wine and Distilled Alcoholic Beverages. Springer Science & Business Media, 1983. ISBN 9789027715531.

A súa toxicidade na rata é de LD50 oral = 2,5 g/kg. Irrita as mucosas en concentracións superiores ao 1 %. Emprégase como antimicrobiano. Tamén se emprega como funxicida contra os fungos da pel, en concentracións entre o 2 e o 10 %.

Emprégase como axente aromático.

Notas

Categoría:Ácidos graxos