BTS (en hangul: 방탄소년단, romanización revisada: Bangtan Sonyeondan), é un grupo de K-pop surcoreano formado por Big Hit Entertainment. Está composto por sete integrantes: Jin, Suga, J-Hope, RM, Jimin, V e Jungkook. Debutaron o 13 de xuño de 2013 coa canción «No More Dream» incluída no seu primeiro álbum sinxelo 2 Cool 4 Skool. O seu debut no Xapón produciuse coa versión en xaponés de «No More Dream» o 4 de xuño de 2014. O nome do club de fans oficial é A.R.M.Y, acrónimo de «Adorable Representative MC for Youth».

Até 2018, o grupo publicou tres álbums de estudio, cinco EPs, vinte e dous sinxelos e dous álbums recompilatorios en Corea do Sur. Ademais, publicaron tres álbums de estudio, oito sinxelos e dous álbums recompilatorios no Xapón. O seu segundo álbum, Wings, bateu a marca do álbum surcoreano mellor situado en Billboard 200, entrando no número 26, e coa súa reedición, You Never Walk Alone, convertéronse nos artistas coreanos con máis entradas na lista con catro álbums. Ostentan tamén a marca de maior número de semanas no número un do Billboard World Albums e de maior número de semanas na lista. Wings converteunos tamén nos primeiros artistas surcoreanos en entrar na lista de álbums do Reino Unido, Official Charts Company, no número 62, e nos únicos en entrar no Billboard Canadian Albums dúas veces, coa mellor posición no posto 19. No Xapón chegaron ao número un da lista Oricon nas categorías de sinxelo e álbum, converténdose nos primeiros artistas hip-hop estranxeiros en conseguilo. Ademais, co sinxelo «Blood Sweat & Tears (Japanese Version)» bateron a marca do artista estranxeiro que máis rápido conseguiu vender 200 000 copias dun disco desde o seu debut. O seu quinto EP, Love Yourself: Her, debutou no sétimo posto da lista Billboard 200, sendo a maior posición obtida por un artista asiático na historia.

BTS recibiu cinco premios ao mellor artista novo en Corea do Sur, incluído o premio "New Artist of the Year" dos Melon Music Awards de 2013, ademais de dous premios a mellor artista novo no Xapón e un na China. En 2016 recibiron o premio daesang ao "Artista do ano" nos Mnet Asian Music Awards e o premio ao "Mellor álbum do ano" nos Melon Music Awards por The Most Beautiful Moment in Life: Young Forever. A súa popularidade internacional e a súa presenza nas redes sociais levounos a ser en 2017 o primeiro grupo k-pop en ser nomeados e recibir un premio Billboard Music Award, en concreto na categoría "Top Social Artist" . En 2015 recibiron tamén un MTV Europe Music Award como mellor artista coreano e un nomeamento como mellor artista asiático.

Levaron a cabo cinco xiras como artistas en solitario: dúas xiras mundiais, dúas en Asia e unha no Xapón, atraendo a máis de 600 000 espectadores e actuando en Asia, Oceanía, Norteamérica e América do Sur. Tamén participaron en festivais internacionais como Summer Sonic en 2015 e nas edicións do KCON dos Ánxeles Abu Dhabi, París, Nova York en 2014; Os Ánxeles en 2016; México en 2017.Sobre las actuaciones en Summer Sonic:Sobre las actuaciones en KCON:

Nome O nome do grupo, BTS, é un acrónimo da expresión coreana Bangtan Sonyeondan (en ; hanja: 防彈少年團}}), que literalmente significa «Boy Scouts a proba de balas». Segundo o líder do grupo, RM, o nome foi conceptualizado en base «á idea de que BTS deixaría de lado os estereotipos, críticas, e expectativas dirixidas como balas cara aos mozos, e protexería os valores e ideais da nova xeración de adolescentes».

No Xapón son coñecidos como Bōdan Shōnendan (, ), o cal se traduce de maneira similar. O 27 de xullo de 2017, BTS anunciou que o seu acrónimo tamén significa «Beyond The Scene» como parte da súa identidade de marca. Isto ampliou o significado do seu nome, que agora tamén representa a unha «mocidade en evolución 'BTS', que vai máis aló das realidades ás que se enfronta e que segue adiante».

Historia

Pre-debut RM foi o primeiro membro recrutado de BTS.O dato achégase na entrevista O dato achégase na entrevista O segundo membro foi Suga, quen foi elixido tras quedar segundo nas audicións Hit It de 2010.Nota de prensa de Big Hit sobre el mixtape de Suga donde se dice que quedó segundo en las audiciones J-Hope entrou como aprendiz en Big Hit o 24 de decembro de 2010, despois chegaron Jin, Jungkook (o 24 de abril de 2011 despois de ser eliminado nas audicións Superstar K3), V e Jimin.

No 2011, os rapeiros do grupo crearon a canción «Paldogangsan» para promover as audicións Hit It dese ano. Xa que as audicións se celebraban a nivel nacional decidiron utilizar os seus dialectos locais na canción. Arquivado o 20 de decembro de 2013 . Traducido el 22 de julio de 2013. No 2013 o grupo incluíu o tema no álbum Ou!RUL8,2? e promovérono en programas de música.Promoción de la canción en Show Champion esquerda|miniatura|250x250px|BTS en 2014 nunha presentación en M Countdown En 2012 algúns dos integrantes do grupo apareceron no vídeo musical «I'm Da One» de Jo Kwon do grupo 2AM, que naquel momento formaba parte de Big Hit. J-Hope e Jungkook participaron como bailaríns no vídeo e durante a promoción do tema, en programas de música.Algunos ejemplos de la promoción de la canción Ademais, J-Hope participou tamén como rapeiro no tema «Animal» do mesmo álbum, actuando xunto a Jo Kwon nas súas aparicións televisivas.

A canle de Youtube do grupo, BANGTANTV, creouse o 16 de decembro de 2012 e o blog, o 21 de decembro. Entón comezaron a publicar algunhas das cancións nas que estiveran traballando durante o seu adestramento. «Rap Monster» de RM e «All I Do Is Win» de Suga publicáronse o 22 de decembro, na conta de Soundcloud, e nos seguintes meses apareceron «School Of Tears» e «Graduation». Utilizaron tamén a canle de Youtube para publicar outro tipo de contido, como vlogs, análise de equipo musical ou prácticas de canto e baile. A conta persoal de Twitter do grupo creouse o 13 de xullo de 2011, pero non se empezou a utilizar até o 17 de decembro de 2012.

O 21 de maio de 2013 o blog que o grupo estivera utilizando até ese momento pechouse e anunciouse a creación da páxina web oficial (bts.ibighit.com), onde apareceu unha conta regresiva que acababa o 27 de maio. Ese día publicouse o tráiler de debut do grupo e apareceu unha nova conta regresiva que remataba o 3 de xuño. Ese día apareceron fotos e información sobre o primeiro membro, V, que fora mantido en segredo até ese momento. Ademais anunciouse que o sinxelo debut 2 Cool 4 Skool sairía o 12 de xuño, data na que se produciría a presentación oficial do grupo.

2013-2014: Triloxía da escola e Dark & Wild dereita|miniatura|300x300px|BTS nun fan meeting en Music Bank o 26 de xullo de 2013 O 12 de xuño de 2013 publicouse o primeiro sinxelo do grupo, 2 Cool 4 Skool, co que promoveron os temas «No More Dream» e «We Are Bulletproof Pt.2». A súa primeira actuación foi o 13 de xuño no programa M! Countdown; este considérase o seu debut oficial. En setembro chegaría o primeiro mini álbum, Ou!RUL8,2?, que tivo como título principal a canción «N.O». Ademais, o 3 de setembro comezou a emisión en SBS MTV do primeiro reality da banda, Rookie King. A finais de ano chegaría o seu primeiro premio como "Mellor Novo Artista do Ano" na quinta edición dos Melon Music Awards. A este premio sumaríanse outros nos Golden Disk Awards, Seoul Music Awards e Gaon Chart K-Pop Awards.

En novembro realizaron a súa primeira actuación fóra de Corea do Sur, no 7 See Concert en Tailandia. O 8 de decembro tivo lugar o First Japan Showcase en Tokio, o seu primeiro concerto no Xapón, para o que se engadiron máis datas en xaneiro en Tokio e Osaka e ao que acudiron 6 500 persoas.1st Japan Showcase O mesmo día, Suga acudiu ao hospital no Xapón por unha dor de estómago, regresou a Corea de urxencia e ao día seguinte foi operado de apendicite.

O 12 de febreiro de 2014 saíu ao mercado o segundo mini álbum, Skool Luv Affair, que finalizaría a triloxía da escola elaborada polo grupo. O sinxelo «Boy In Luv» foi a primeira canción da banda nomeada a número un nun programa de música. O 13 de maio emitiuse en Mnet un capítulo do programa 4 Things Show dedicado a Rap Monster e á súa carreira como ídolo e rapeiro. O 13 de xuño de 2014 acudiron ao Moscow Korean Culture Festival, creado polas organizacións de turismo de Rusia e Corea do Sur, sendo os únicos artistas coreanos convidados por Rusia.

O 4 de xuño publicouse o primeiro sinxelo do grupo no Xapón, «No More Dream (Japanese Ver.)», que entrou no número 6 na lista Oricon Daily Chart e no número catro en Billboard Xapón Top Single Sales. Vendéronse máis de 32 000 unidades na súa primeira semana no mercado.Sobre los logros de No More Dream (Japanese Ver.) A finais de xuño de 2014 a banda viaxou aos Estados Unidos co propósito de gravar o seu novo álbum de estudio. Ademais, durante a súa estancia gravaron o seu segundo reality, American Hustle Life, que seguía aos membros mentres aprendían sobre a cultura do hip-hop. O reality comezou a emitirse en xullo na cadea Mnet. O 16 de xullo saíu á venda o segundo sinxelo xaponés, «Boy In Luv (Japanese Ver.)». Continuaron o verán con actuacións en Alemaña, Suecia , Brasil e Chile na que sería a súa primeira visita a Europa e Suramérica.

O 10 de agosto o grupo participou na KCON nos Ánxeles, a primeira á que foron convidados. O 19 de agosto publicouse o seu primeiro álbum de estudio, Dark & Wild, co que promoveron os temas «Danger» e «War Of Hormone». O primeiro concerto en solitario da banda tivo lugar o 17, 18 e 19 de outubro de 2014 en Seúl, que deu inicio ao tour BTS Live Trilogy Episode II: The Red Bullet. A primeira parte da xira levounos por países asiáticos como o Xapón, Filipinas ou Tailandia.

En outubro participaron no programa especial de Music Bank realizado na Area de Cidade de México. En novembro foron nomeados aos MTV Europe Music Awards como Mellor Artista Coreano. O 3 de decembro foron convidados a actuar na alfombra vermella dos Mnet Asian Music Awards, así como na mesma gala de premios en colaboración con Block B. O 24 de decembro, no Xapón, saíu ao mercado Wake Up, o primeiro álbum completo da banda. Chegou ao número 3 na lista Oricon xaponesa e ao 2 en Billboard Xapón. Vendéronse 2 715 copias disco nas primeiras vinte e catro horas.Sobre los logros de Wake Up

2015-2016: The Most Beautiful Moment in Life O 15 de xaneiro de 2015 o grupo gañou o seu primeiro premio bonsang polo álbum Dark & Wild nos Golden Disk Awards. O segundo chegaría uns días despois nos Seoul Music Awards. Ese mesmo mes gañaron ademais o premio "World Rookie Award" nos Gaon Chart K-Pop Awards e dous premios nos Japan Gold Disc Awards.

En febreiro comezaron a primeira xira xaponesa do grupo, First Japanese Tour Wake Up: Open Your Eyes. Tivo lugar en Tokio, Osaka, Nagoya e Fukuoka e para ela vendéronse 25 000 entradas. En marzo tivo lugar o segundo concerto do grupo en Corea, BTS Live Episode I: BTS Begins, celebrado os días 28 e 29 e con 6 500 entradas vendidas.

O 29 de abril de 2015 publicouse o mini álbum The Most Beautiful Moment in Life, Part 1. O álbum vendeu máis de 70 000 copias nos primeiros días e entrou na lista Billboard World Albums no número dous. O 7 de maio o grupo conseguiu a súa primeira vitoria nun programa de música en The Show con «I Need U», o sinxelo principal do disco, co que gañaron un total de cinco premios. O vídeo musical da canción ademais conseguiu un millón de visitas en Youtube en dezaseis horas.