miniatura|250px|A categoría "Vulnerable" na versión 3.1 de 2008 da Lista Vermella da UICN. Vulnerable é unha das categorías que aplica a IUCN para avaliar o estado de conservación dunha especie. Unha especie vulnerable (abreviado oficialmente como VU) é aquela que, tras ser avaliada pola UICN, é clasificada nesa categoría da lista vermella xa que se determina que presenta unha alta probabilidade de converterse en "especie en perigo de extinción".UICN 2001. Categorías e Criterios da Lista Vermella da UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies da UICN. UICN, Gland, Suíza e Cambridge, Reino Unido. ii + 33 pp. Dispoñible na páxina oficial da UICN.

Entre os criterios polos cales un taxon pode chegar a se integrar nesta categoría é atoparse nunha importante redución de poboación ou por mor dunha fragmentación ou diminución na distribución natural da especie.

miniatura|250px|A categoría "Vulnerable" na versión 2.3 de 1994 da Lista Vermella da UICN. A categoría inclúe tamén algunhas especies que en anteriores revisións da lista vermella integraban a categoría "dependente de conservación". Na versión 2008 da lista, inclúense 4.309 taxons de animais e 4.602 de plantas na categoría "vulnerable".

Notas

Véxase tamén Outros artigos Estado de conservación Lista Vermella UICN