Veniamin EfsevidisTamén Beniamino Evsevidis, Beniamino Eusevidis, Benjamin Eusevidis, Benjamin Evsevidis, Benjamin Evsévidis, Dimitrios Efsevidis, Beniamino Dimitrio. (en ), nado como Dimitrios Efsevidis (en ) en Constantinopla en 1821 e finado en 1895A maioría das fontes dan como data de pasamento 1895, aínda que outras dan 1897. foi un eclesiástico greco-católico. Traxectoria Naceu nunha familia ortodoxa grega en 1821 en Constantinopla. Estudou no Colexio Ortodoxo Grego de Fener e posteriormente na Escola Teolóxica de Halki. O 18 de agosto de 1851 foi nomeado arcebispo titular de Neápolis,O título de Neápolis refírese probablemente á antiga sede episcopal en Palestina, hoxe Nablus; cando Efsevidis entrou na Igrexa católica mantivo o título de Neápolis. e bispo auxiliar da metrópole de Dabar-Bosna, con sé en Saraxevo, entón baixo xurisdición da Igrexa ortodoxa de Constantinopla.A Igrexa ortodoxa en Bosnia estivo baixo xurisdición do patriarcado de Constantinopla dende 1766. Estaba estruturada en tres sés: Saraxevo (ou Bosna-Serai), Zvornik e Hercegovina. Máis información en
As súas tendencias filo-católicas foron descubertas nunha carta interceptada polos ortodoxos do patriarcado ecuménico de Constantinopla, e foi acusado de apostasía. En 1858, foi convocado polo patriarcado a Constantinopla onde, por iniciativa fanariota, foi arrestado e encerrado no mosteiro de Rila, na Bulgaria otomá. A delegación apostólica pontificia pediu axuda á embaixada francesa, e o embaixador Édouard Thouvenel implicouse na liberación do arcebispo, obtendo das autoridades unha orde para a súa liberación.
As fontes non son especialmente claras e as referencias tanxenciais, mais semella que por un breve tempo volveu á ortodoxia, para volver en 1861 ao catolicismo. Foi arrestado novamente en 1861 e encerrado no monte Athos, antes da súa liberación novamente grazas á intervención francesa.
Grazas ao sacerdote Joseph Lepavec, en 1863 viaxou a Roma, onde foi confirmado na súa sé. Foi nomeado auxiliar do vigairo latino de Constantinopla, exercendo o seu ministerio entre os católicos de rito bizantino da cidade. Durante a maior parte do resto da súa vida viviu en Péra, no mosteiro dos franciscanos conventuais, celebrando a divina liturxia diaria na igrexa de Santo Antón de Padua. O 17 de xuño de 1867 foi nomeado prelado asistente ao trono pontificio.
Participou no Concilio Vaticano Primeiro. En 1882 ordenou sacerdote a Isaias Papadopoulos, futuro exarca de Grecia.
Finou en 1895/1897 e está enterrado na catedral do Espírito Santo de Istanbul.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1821 Categoría:Nados en Istanbul Categoría:Finados en 1895 Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa de Constantinopla Categoría:Bispos ortodoxos de Turquía Categoría:Bispos ortodoxos de Bosnia e Hercegovina Categoría:Bispos católicos de Turquía Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina grega Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro Categoría:Bispos católicos do século XIX