Callas Forever é un filme briográfico de 2002 dirixido por Franco Zeffirelli, quen tamén escribiu o guión xunto a Martin Sherman. É unha homenaxe á amiga de Zeffirelli, a aclamada diva da ópera Maria Callas, a quen el dirixiu nas óperas Norma, La traviata e Tosca.The New York Times review
Sinopse Larry Kelly (Jeremy Irons) é un produtor musical que está en París por un gran concerto. Recibe unha chamada de Sarah Keller (Joan Plowright) instándoo a que vaia ver a súa antiga amiga, a diva da ópera Maria Callas (Fanny Ardant), que está recluída no seu piso de París, coa voz crebada e unha gran depresión pola morte de quen fora o grande amor da súa vida, o naviero grego Aristóteles Onassis. Larry Kelly, que ve moi desmellorada a súa amiga, tenta convencela para que rode unhas óperas para o cinema. Nun comezo, Callas négase porque é consciente do declive da súa voz, pero accede de mala gana cando Kelly lle di que a voz que empregarán será a gravada nos seus mellores anos e que fará playback. Sarah Keller axúdalle a convencer á diva, pois négase uns días máis tarde. Callas grava a ópera Carmen de Georges Bizet, e a soprano pídelle que non a estree, porque pensa que é unha fraude. Máis tarde, Callas pensa en gravar a Tosca de Giacomo Puccini, coa súa propia voz. Pero cando comeza a barallar ideas ó respecto, a diva négase definitivamente. Nunha das escenas finais, Maria reúnese con Larry nunha banca de parque, ela de boa gana comparte o que espera da vida e cun aceno de liberdade remata o encontro e afástase co fondo das árbores do parque, cun sorriso.
Personaxes Fanny Ardant como Maria Callas Jeremy Irons como Larry Kelly Joan Plowright como Sarah Keller Jay Rodan como Michael Gabriel Garko como Marco Anna Lelio como Bruna Stephen Billington como Brendan Justino Díaz como cantante (Scarpia) Tara Marie Anderson como xornalista loira
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Romanía Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Franco Zeffirelli Categoría:Filmes ambientados en Romanía Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego