O voo 409 de Ethiopian Airlines era un servizo regular internacional dende Beirut ata Addis Abeba que se esnafrou no mar Mediterráneo pouco despois da engalaxe do aeroporto de Beirut-Rafic Hariri o 25 de xaneiro de 2010, matando ás 90 persoas a bordo. Este foi o primeiro accidente con vítimas mortais de Ethiopian Airlines dende o secuestro do voo 961 en 1996.
Avión O aparello involucrado no accidente era un Boeing 737-8AS, con rexistro ET-ANB e número de serie 29935. Realizara o seu primeiro voo o 18 de xaneiro de 2002 e fora entregado a Ryanair o 4 de febreiro dese ano como EI-CSW. Almacenado en abril de 2009, Ethiopian Airlines fíxose co control do avión o 12 de setembro de 2009, arrendado a CIT Aerospace. Equipado con dous motores CFM56-7B26, o aparello pasara o último control de mantemento o 25 de decembro de 2009 sen que se lle atopane ningún problema técnico. O avión tiña 8 anos e 7 día cando correu o accidente.
Accidente O Boeing 737 engalou da pista 21 do aeroporto de Beirut-Rafic Hariri no medio dunha treboada con 82 pasaxeiros e 8 tripulantes a bordo. Os datos do METAR indicaban ventos de 8 nós (15 km/h) de dirección variable e tormentas eléctricas na veciñanza do aeroporto. O avión trepou aos 9 000 pés (2,700 m) virou bruscamente cara á esquerda, entrou en perda, e esnafrouse no mar Mediterráneo. O contacto co radar perdeuse entre os catro e cinco minutos despois da engalaxe, mentres que algunhas testemuñas preto da costa informaron ver o avión en chamas chocando contra a auga.
Busca e rescuperación Na mañá seguinte ao accidente, as autoridades libanesas informaron ter localizado o lugar do sinistro a 3,5 quilómetros da costa da vila de Na'ameh. A busca de superviventes realizouna o exército do Líbano usando helicópteros Sikorsky S-61, a armada libanesa e tropas da Forza Provisional das Nacións Unidas no Líbano (UNIFIL). Os militares estadounidenses, en resposta a unha petición do goberno libanés, enviaron o destrutor USS Ramage, un avión P-3 da armada, e o buque de salvaento USNS Grapple. A armada francesa enviou un avión de recoñecemento Breguet Atlantic. A UNIFIL enviou tres barcos e dous helicópteros ao lugar. A Royal Air Force e a unidade de aviación da Policía de Chipre enviaron outros helicópteros para axudar nos traballos de busca e rescate.
Os corpos recuperados foron enviados ao hospital universitario Rafik Hariri en Beirut para a extracción de ADN e a súa identificación. O 5 de febreiro de 2010, informouse que o buque estadounidense Odyssey Explorer chegaría durante a seguinte semana para axudar na busca das caixas negras do avión. O exército libanés informou o 6 de febreiro que atopara grandes seccións do avión, entre as que se cría que esaba a cola, a unha profundidade de 45 metros a 2 km da costa. O 7 de febreiro de 2010 megulladores do exército libanés foron capaces de recuperar o gravador de datos de voo do avión; que foi enviado á base naval de Beirut para ser entregado ao equipo de investigación do accidente. Todos os falecidos recuperáronse do mar e identificáronse o 23 de febreiro de 2010.
Notas
Ethiopian Airlines 0409 Ethiopian Airlines Ethiopian Airlines