O motín a bordo do navío da Mariña Real Británica tivo lugar o 28 de abril de 1789 no medio do océano Pacífico. Un grupo de tripulantes insatisfeitos, liderados polo axudante de mestre Fletcher Christian, tomaron o control da embarcación de mans do seu capitán, o tenente William Bligh, a quen deixaron á deriva a bordo dun bote con poucas provisións xunto con outros dezaoito mariñeiros que permaneceron leais. Os amotinados establecéronse en Tahití ou nas illas Pitcairn, mentres que Bligh conseguiu realizar unha viaxe de máis de 6 500 km ata atopar terra, comezando entón un proceso para que os amotinados comparecesen ante a xustiza.miniatura|Fletcher Christian e os amotinados deixan ao tenente William Bligh e a outros mariñeiros á deriva no mar. Pintura de Robert Dodd en 1790, no Museo Marítimo Nacional do Reino Unido.|esquerda O Bounty deixara Gran Bretaña en 1787 para recoller e transportar árbores do pan desde Tahití ata as Indias Occidentais. A disciplina entre os homes deteriorouse tras cinco meses de descanso pasados en Tahití, período no que moitos mariñeiros viviron en terra e estableceron relacións con mulleres nativas. A relación de Bligh coa súa tripulación foi empeorando a medida que impoñía castigos cada vez máis severos e aumentaba as súas críticas e abusos, tendo Fletcher Christian como branco frecuente. Este terminou por organizar con éxito un motín contra o capitán unhas tres semanas despois de que o navío deixase Tahití.

Bligh logrou regresar a Gran Bretaña en abril de 1790, e o Almirantado británico enviou o para prender os amotinados. Catorce foron capturados en Tahití e aprisionados no navío, que entón procedeu a buscar (sen éxito) a Christian e o resto dos homes que se esconderon nas Pitcairn. A fragata Pandora encallou na Gran Barreira de Coral no camiño de volta, perdendo 31 tripulantes e catro prisioneiros do Bounty. Os dez restantes chegaron a Gran Bretaña en xuño de 1792 e foron xulgados nun consello de guerra; catro foron absoltos, tres indultados e tres aforcados.

O grupo de Christian permaneceu sen ser descuberto ata 1808, data en que só un dos amotinados, John Adams, seguía vivo. Case todos os demais homes, incluído Christian, matáranse entre eles ou morreran a mans dos reféns polinesios. Non se tomou ningunha acción contra Adams. Os descendentes dos amotinados coas súas consortes tahitianas viven ata hoxe nas Pitcairn. A percepción que acabou calando no imaxinario popular foi a de Bligh como un tirano e Christian como unha vítima tráxica das circunstancias, percepción rexistrada en varias películas sobre os eventos. Con todo, a historiografía dos séculos XX e XXI están a reflectir unha imaxe máis amable de Bligh.

Antecedentes Navío e misión miniatura|Reconstrución de 1960 do Bounty. O foi construído en 1784 no estaleiro da familia Blaydes en Kingston upon Hull, Yorkshire, como navío carboeiro, e orixinalmente chamouse Bethia. Foi rebautizado en maio de 1787 tras ser comprado por 1950 libras esterlinas pola Mariña Real Británica. Tiña tres mastros, 28 m de eslora por 7,6 m de manga e unha capacidade de carga de 230 t. O seu armamento consistía en catro canóns curtos e dez pequenos canóns xiratorios, complementados por pequenas armas como mosquetes. O Almirantado británico clasificouno como cúter, a categoría máis pequena de navío de guerra; así, o mando da nave correspondía a un tenente no canto dun capitán, e este sería o único oficial a bordo. A súa clasificación como cúter tampouco garantía que se lle asignase o destacamento usual de Royal Marines, que os comandantes empregaban para reforzar a súa autoridade.

O Bounty foi adquirido para transportar árbores do pan de Tahití (entón chamada «Otaheite»), unha illa polinesia no sur do océano Pacífico, ata as colonias británicas nas Indias Occidentais. A expedición foi patrocinada pola Royal Society e organizada polo seu presidente, Joseph Banks, que compartía a visión dos donos de plantacións caribeños de que as árbores do pan poderían ser cultivadas alá e servir como comida barata para os escravos. Banks supervisou a reforma do Bounty realizada no estaleiro de Deptford, no río Támesis. O gran camarote, normalmente os apousentos do capitán, foi convertido nun invernadoiro para máis de mil árbores do pan, con fiestras con cristais, claraboias, un chan cuberto de chumbo e un sistema de drenaxe para impedir o desperdicio de auga doce. A redución espacial que supuxeron estes arranxos nun navío pequeno significou que a tripulación se vise aglomerada durante toda a viaxe.

William Bligh miniatura|Bligh por J. Ruffell c. 1792, no Museo Marítimo Nacional. O mando da expedición foi entregado coa aprobación de Banks ao tenente William Bligh, cuxas experiencias anteriores incluían a terceira e última viaxe de James Cook entre 1776 e 1780, no que serviu como piloto a bordo do Bligh nacera en 1754 na cidade de Plymouth, Devon, e proviña dunha familia con tradición militar e naval. O seu nomeamento para a viaxe de Cook aos vinte e un anos de idade foi considerado unha honra, aínda que no relato oficial da expedición Bligh indicou que a súa contribución non se recoñecera de forma apropiada. O tamaño da mariña británica viuse reducido tras a fin da Guerra de Independencia dos Estados Unidos en 1783, e Bligh quedou en terra e reducido a media paga. Bligh pasou por un período de ociosidade ata que conseguiu traballo temporal na mariña mercante; en 1785 mandaba o Britannia, buque mercante propiedade do tío da súa esposa Duncan Campbell. Asumiu o 16 de agosto de 1787 o nomeamento de capitán do Bounty, aínda que iso levou un considerable custo financeiro: a súa paga de catro xilins por día (un total de setenta libras ao ano) contrastaba coas cincocentas libras anuais que recibira como capitán do Britannia. Tamén tivo que asumir a posición de comisario do Bounty a causa do limitado número de suboficiais do barco. As súas ordes para a viaxe ditaban que Bligh debería alcanzar o Pacífico a través do cabo de Fornos, recoller as árbores do pan, navegar cara ao oeste en dirección ao estreito de Endeavour e cruzar os océanos Índico e Atlántico ata as Indias Occidentais. O Bounty así completaría unha circunnavegación.

Tripulación + Tripulación do HMS Bounty, decembro de 1787; ; . Nome Rango ou función (o "Byrn") (o "McKoy") ("Alexander Smith") A tripulación do Bounty estaba formada por corenta e seis homes, dos cales corenta e catro eran mariñeiros da Mariña Real e dous eran botánicos civís. Directamente por baixo de Bligh estaban os seus suboficiais, nomeados polo Consello da Mariña e dirixidos polo mestre de navegación John Fryer. Os outros subtenentes eran o contramestre, o cirurxián, o carpinteiro e o artilleiro. Foron engadidos varios aspirantes honorarios –chamados «novos cabaleiros», aspirantes a oficiais navais– para os dous asistentes de mestre e os dous aspirantes de mariña. Eses foron rexistrados no navío como mariñeiros aptos, mais foron aloxados cos aspirantes e tratados da mesma xeito que eles.

A maior parte da tripulación do Bounty foi escollida por Bligh ou recomendada para el por patróns influentes. William Peckover, o artilleiro, e Joseph Coleman, o armeiro, serviran co tenente no HMS Resolution; varios outros navegaran baixo as ordes de Bligh máis recentemente no Britannia. Entre eles estaba Fletcher Christian, entón con 23 anos, que viña dunha rica familia de Cumberland. Christian escollera unha vida no mar en lugar da carreira xurídica desexada polos seus pais. Os dous homes xa viaxaran xuntos en dúas ocasións cara ás Indias Occidentais, establecendo unha relación mestre-pupilo na que Christian acabou facéndose un navegante cualificado. Christian, como un dos «novos cabaleiros», estaba disposto a servir no Bounty sen paga; Bligh aínda así conferiulle unha liteira de asistente de mestre. Entre outros novos cabaleiros recomendados incluíase Peter Heywood, de quince anos de idade, que deixara a escola un ano antes para servir no HMS Powerful, un navío de adestramento en Plymouth. A súa recomendación veu de Richard Betham, un amigo da familia Heywood e sogro de Bligh.

Banks foi quen escolleu os dous botánicos, ou «xardineiros». O botánico xefe era David Nelson, un veterano da terceira expedición de Cook que xa fora a Tahití e aprendera un pouco da lingua nativa. O seu asistente era William Brown, un antigo aspirante de mariña que xa participara en batallas contra os franceses. Banks tamén axudou a conseguir acomodo de aspirante de mariña para dous dos seus protexidos: Thomas Hayward e John Hallett. A tripulación do Bounty era relativamente nova, xa que a maioría tiña menos de trinta anos de idade; Bligh tiña 33 anos na época da partida. Entre os tripulantes de máis idade estaban Peckover con 39 anos, que viaxou nas tres expedicións de Cook, e Lawrence Lebogue, un ano maior e que serviu como fabricante de velas do Britannia. Os máis novos a bordo eran Hallett e Heywood, ambos os dous con quince anos cando deixaron Gran Bretaña.

O espazo habitable do navío organizábase a partir do rango. Bligh, tras ceder o gran camarote, ocupaba apousentos particulares no lado de estribor cun comedor adxacente, con Fryer ocupando un camarote no lado oposto. O cirurxián Thomas Huggan, os outros subtenentes e Nelson tiñan minúsculos apousentos na cuberta inferior, mentres que os asistentes de mestre, aspirantes de mariña e os novos cabaleiros compartían todos xuntos unha área tras o comedor do comandante (a ponte de mando); tiñan permiso de usar o alcázar como oficiais subalternos. Os restantes tiñan apousentos no castelo de proa, unha área sen fiestras nin ventilación que medía 11 m de longo por 6,7 m de ancho e 1,7 m de alto.

Expedición Cara ao cabo de Fornos O Bounty partiu de Deptford rumbo a Spithead, na canle da Mancha, o 15 de outubro de 1787, agardando novas ordes. O mal tempo aprazou a chegada a Spithead ata o 4 de novembro. Bligh estaba ansioso por partir inmediatamente e chegar ao cabo de Fornos antes do final do verán no hemisferio sur. Con todo, o Almirantado non lle concedeu prioridade e aprazou tres semanas máis a emisión das ordes. O Bounty finalmente partiu o 28 de novembro pero, debido aos ventos contrarios, non conseguiu deixar Spithead ata o 23 de decembro. Con serias dúbidas sobre as perspectivas de cruzar polo cabo de Fornos, Bligh recibiu permiso do Almirantado para usar, se fose necesario, unha ruta alternativa ata Tahití pasando polo cabo de Boa Esperanza.

Bligh introduciu a ríxida disciplina de Cook sobre a hixiene e a dieta unha vez o navío entrou en mar aberto. Segundo o historiador Sam McKinney, Bligh aplicou esas regras «con celo fanático, axitándose e enfurecéndose continuamente sobre a limpeza do navío e a comida servida á tripulación». Substituíu o tradicional sistema da mariña de alternar catro horas de servizo con catro horas de descanso cun novo, no que cada catro horas de servizo eran seguidas por oito horas de descanso. Bligh organizou sesións regulares de música e baile para que a tripulación se exercitase e entretivese. Os seus despachos con Banks e Campbell indicaban satisfacción; en ningunha ocasión tivo que aplicar castigos porque, como escribiu: «Tanto os homes como os oficiais son dóciles e ben dispostos, con alegría e satisfacción no rostro de cada un». O único adverso ata aquel momento era a conduta do cirurxián Thomas Huggan, que se mostrou como un indolente borracho antihixiénico.