O voo 322 de Aerolíneas Argentinas era un servizo regular entre Buenos Aires e Nova York, con escalas en São Paulo e Porto España operado cun de Havilland Comet 4, con rexistro LV-AHR, que se esnafrou trepando durante as primeiras fases da súa segunda parte, cando chocou con tres árbores pouco despois de engalar do aeroporto de Viracopos o 23 de novembro de 1961. Houbo 52 vítimas mortais, 40 delas pasaxeiros."52 Killed in Crash of Argentine Jet - Hits After Takeoff in Brazil - Craft Was Bound for New York City". Associated Press, in The Capital Times, Madison, WI. 23 de novembro de 1961"Jetliner Crashes, Burns in Brazil, 52 Feared Dead". Associated Press in Press-Telegram, Long Beach, CA. 23 de novembro de 1961

Accidente O avión chegou de Buenos Aires e aterrou no aeroporto de Viracopos-Campinas, a 100 km ao norte de São Paulo para facer unha escala. Engalou ás 05:38 dirixíndose cara ao aeroporto de Piarco, na illa Trinidad, sendo Nova York o seu destino final. Despois de chegar a unha altitude dus 100 metros (330 pés), o avión perdeu altura, chocou contra varios eucaliptos e esnafrouse contra o chan. Os seus tanques de combustible estouparon no impacto. As 52 persoas a bordo morreron no accidente.

Notas

Aerolíneas Argentinas 0322 Aerolíneas Argentinas Aerolíneas Argentinas