O Tropicana Field, habitualmente coñecido como The Trop, é un parque de béisbol con cúpula situado na cidade de St. Petersburg, Florida (Estados Unidos). É o estadio local dos Tampa Bay Rays da Major League Baseball (MLB) desde a fundación franquía en 1998. Alén do béisbol, tamén é usado para o fútbol americano universitario. Actualmente, é o único recinto das Liga Maiores con cúpula non retráctil, sendo por tanto o único estadio permanentemente cuberto da competición. É ademais o estadio con menor capacidade da MLB, pois unha gran parte dos seus asentos están cubertos cunha lona na maior parte dos xogos dos Rays.
Inaugurado en 1990, o primeiro nome do estadio foi o de Florida Suncoast Dome. Cando os Tampa Bay Lightning da National Hockey League se trasladaron ás instalacións, o nome foi mudado a ThunderDome..Permaneeu así até 1996 cando se trasladaron ao seu novo estadio, o Amalie Arena. En outubro de 1996 a compañía de zumes Tropicana Products asinou un contrato por 30 anos polos dereitos de nome do estadio.
Notas
Véxase tamén Outros artigos St. Petersburg Tampa Bay Rays
Ligazóns externas Páxina web do estadio en mlb.com/rays Tropicana Field Seating Chart
Categoría:Tampa Bay Rays Categoría:Estadios da MLB Categoría:Deporte en Florida