miniatura|250px|Coloeus dauuricus. Lámina na obra de Coenraad Jacob Temminck e Hermann Schlegel Fauna Japonica (1833-1850), baseada nas coleccións de Philipp Franz von Siebold (que editou o texto). Coloeus é un xénero de aves paseriformes da familia dos córvidos.

Comprende dúas especies de pequenas aves que semellan seren corvos en miniatura e que son coñecidas vulgarmente como grallas,gralla no Dicionario da RAG unha delas, de distribución europea, está presente en Galicia, mentres que a outra se distribúe polo Extremo Oriente (sueste de Siberia, sur de Mongolia e gran parte da China).

Durante moitos anos, e aínda hoxe para algúns, o xénero foi considerado como un subxénero de Corvus.

Taxonomía Descricíón O xénero foi creado en 1829 polo naturalista alemán Johann Jakob Kaup,Coloeus Kaup, 1829 no ITIS.Coloeus, en Family Corvidae na IOC World Bird List. Version 9.1.Coloeus Kaup, 1829 na BioLib. nun traballo publicado na páxina 114 de Skizz.Entwick.-Gesch.Europ.Thierw.Coloeus Kaup, 1829 no GBIF.

Etimoloxía O nome Coloeus é un termo do latín científico tirado do nome co que no grego antigo se denominaba ás grallas, κολοιός koloiós.Cancik, Hubert & Schneider, Helmuth (2006): "The jackdaw", no capítulo "Crow" da Brill's New Pauly.

Especies No xénero recoñécense dúas especies: Coloeus Kaup, 1829 Coloeus dauuricus (Pallas, 1776) - a especie chamada occidental, que se encontra en Europa, Asia Occidental e o norte de África. Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) - a denominada especie oriental, que se distribúe polo Extremo Oriente.

Subespecies A segunda das especies citadas comprende as seguintes catro subespecies:Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) no ITIS.

Coloeus monedula (Linnaeus, 1758) Coloeus monedula cirtensis Rothschild & Hartert, 1912 Coloeus monedula monedula (Linnaeus, 1758) Coloeus monedula soemmerringii (Fischer von Waldheim, 1811) Coloeus monedula spermologus (Vieillot, 1817)

Nota taxonómica Durante moitos anos Coloeus considerouse como un subxénero de Corvus, pero na actualidadese clasifícase como un xénero separado na familia dos córvidos.

Características De tamaño relativamente pequeno, tieñen o píleo (mitra ou cu das aves), a parte frontal do rostro, as ás e a cola de cor negra, e o resto da súa plumaxe é gris.

A especie oriental é máis pequena que a occidental, e as partes claras da súa plumaxe son máis claras que as da occidental, dunha cor gris clara na oriental, mentres que as da occidental son principalmente de cor gris escura. En cambio, o iris do ollo é máis claro na occidental e escuro na oriental. Ademais, na oriental a garganta e o centro do peito tamén son negros. Polo demais, as dúas especies son moi similares na súa forma corporal, comportamento e chamadas.

Aínda que debido a isto poderiase argumentar que serían dúas subespecies dunha única especie, non se cruzan nas zonas de Mongolia onde as súas áreas de distribución se superpoñen.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Madge, Steve & Burn, Hilary (2013): Crows and Jays: A Guide to the Crows, Jays and Magpies of the World. Londres, Reino Unido: A & C Black. ISBN 978-1-4081-5738-1.

Outros artigos Córvidos

Categoría:Córvidos