O PNC Park é un parque de béisbol situado no North Shore en Pittsburgh, Pensilvania (Estados Unidos). É o quinto estadio como local utilizado polos Pittsburgh Pirates da Major League Baseball (MLB). Foi inaugurado durante a temporada 2001 após a demolición do antigo Three Rivers Stadium. O nome do estadio procede do patrocinio de PNC Financial Services, quen posúe os dereitos de nome desde 1998. Con capacidade para 38.747 espectadores, o terreo de xogo é de céspede natural. Financiado en conxunto co estadio Heinz Field dos Pittsburgh Steelers da National Football League (NFL) e o Centro de Convencións David L. Lawrence, o PNC Park está sitiuado á beira do Río Allegheny con vistas ao centro de cidade.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pittsburgh Pittsburgh Pirates
Ligazóns externas Páxina web do estadio en mlb.com/pirates PNC Park Seating Chart
Categoría:Pittsburgh Pirates Categoría:Estadios da MLB