Sakura 2A, coñecido tamén como CS 2A (acrónimo de Communications Satellite) foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 4 de febreiro de 1983 mediante un foguete N-2 desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características Sakura 2A, xunto con Sakura 2B, era parte da segunda xeración de satélites de comunicación xaponeses. Foi usado para operacións comerciais de comunicacións e en misións cooperativas, como transmisións de emerxencias e comunicacións con illas xaponesas distantes. Usáronse tamén para probar novos sistemas de comunicacións. Levaba a bordo 4 transpondedores en banda Ka e foi inxectado nunha órbita xeoestacionaria, nunha posición de 132º E.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Sakura (satélite) Sakura 2B Sakura 3A Sakura 3B
Categoría:Satélites artificiais