Sakura 3A, coñecido tamén como CS 3A (acrónimo de Communications Satellite) foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 19 de febreiro de 1988 mediante un foguete H-I desde o Centro Espacial de Tanegashima.

Características Sakura 3A, xunto con Sakura 3B, era parte da tereceira xeración de satélites de comunicación xaponeses que substituíu a Sakura 2A e Sakura 2B. Foi usado para operacións comerciais de comunicacións e en misións cooperativas, como transmisións de emerxencias e comunicacións con illas xaponesas distantes. Levaba a bordo 3 transpondendores en banda C e 15 en banda Ka. Foi inxectado nunha órbita xeoestacionaria, nunha posición de 132º E. Cesou as súas operacións o 30 de novembro de 1995.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sakura (satélite) Sakura 2A Sakura 2B Sakura 3B

Categoría:Satélites artificiais