Asun Fernández de Garaialde y Lazkano Sala, nada en Altsasu, Navarra, 1969, é unha médica e política vasca de ideoloxía independentista, parlamentaria navarra por Aralar dende o ano 2007.
Traxectoria política Membro de Aralar dende o ano 2002. Tralas eleccións municipais do ano 2003, converteuse en alcaldesa de Altsasu por esa mesma formación, permanecendo no cargo até 2007.
Nas eleccións ó Parlamento de Navarra de 2007 foi elixida parlamentaria navarra pola coalición Nafarroa Bai e como compoñente de Aralar nas súas listas.
Nas eleccións municipais e forais de 2011 foi reelixida como parlamentaria navarra e elixida concelleira de Altsasu de novo pola coalición Nafarroa Bai e como compoñente de Aralar nas súas listas.
Tralo V Congreso de Aralar, o 17 de decembro de 2011 tivo lugar a Conferencia Política de Aralar en Navarra, onde foi elixida coordinadora de Aralar en Navarra polo 92,85% dos asistentes, tomando así a substitución ó anterior coordinador Txentxo Jiménez.
Notas
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Altsasu Categoría:Políticos de Navarra Categoría:Políticos de Aralar Categoría:Políticos de Nafarroa Bai