Louis Francis Cristillo, nado en Paterson (Nova Jersey) o 6 de marzo de 1906 e finado nos Ánxeles o 3 de marzo de 1959, foi un célebre humorista e actor estadounidense coñecido como Lou Costello. Con Bud Abbott formou o popular dúo cómico Abbott e Costello na década de 1940.
Traxectoria Louis Francis Cristillo naceu o 6 de marzo de 1906, fillo de Helen Rege e Sebastiano Cristillo. O seu pai era italiano, de CasertaCostello, Chris and Raymond Strait. "Lou's On First". Nova York: St. Martin's Press. en Campania, e a súa nai era estadounidense de ascendencia francesa e irlandesa.
Costello trasladouse a Hollywood a principios da década de 1930 e tras desempeñar diferentes oficios foi contratado pola compañía Metro Goldwyn Mayer para traballar como especialista, chegando a ser o dobre de Tim McCoy.
Despois de traballar como dobre en sesenta filmes, Cristillo comezou a engordar polo que perdeu o empregou na Metro. Decidido a cambiar de rumbo, cambiou o seu nome polo de Lou Costello como homenaxe á actriz Helene Costello, iniciando a súa carreira como cómico no Music Hall ata coñecer a Bud Abbott en 1936.Furmanek, Bob and Ron Palumbo (1991). Abbott and Costello in Hollywood. New York: Perigee Books. Con el formou o dúo cómico Abbott e Costello, unha das máis famosas parellas da comedia de Hollywood, onde intrepetaba un gordecho medorento e algo ridículo que non cesaba en ser utilizado pola súa contrafigura. Tiveron unha enorme popularidade nos Estados Unidos e en Latinoamérica. A peculiar parella deu lugar a contrapartidas como a dos dúo formado por Jerry Lewis e Dean Martin.
Trala súa separación de Abbott en 1957, Costello iniciou unha carreira en solitario, demostrando aptitudes dramáticas, mais nesta nova faceta só puido rodar un filme xa que faleceu de súpeto o 3 de marzo de 1959 por unha crise cardíaca poucos días despois de finalizada a rodaxe.
Anos despois, en 1967, William Hanna e Joseph Barbera produciron unha serie de animación baseada nas súas personaxes, ao estilo do que fixeran Laurel e Hardy.
Eponimia O asteroide (17024) Costello leva este nome na súa memoria.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina de Abbot e Costello Páxina dedicada á parella
Categoría:Nados no condado de Passaic, Nova Jersey Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Actores de Nova Jersey Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana