miniatura|Tallipiha dende Kuninkaankatu. miniatura|Bloques de xeo de cores en Tallipiha. Tallipiha é un conxunto de casas de madeira antigas construídas orixinalmente como lugar para ir montar a cabalo e en carro. Estas cortes para cabalos están localizadas no número catro da rúa Kuninkaankatu, na área da antiga factoría de Finlayson no centro da cidade finlandesa de Tampere.
Historia As edificacións foron construídas entre 1839 e 1890 por iniciativa de Wilhelm von Nottbeck, daquela propietario da fábrica de Finlayson. O complexo está integrado por un cobertizo para carruaxes, unha corte para cabalos, e catro vivendas para o persoal. Ademais destas construcións houbo un gran galiñeiro e ademais de cabalos houbo algunhas vacas. Despois da era Nottbeck as casas foron ocupadas polos traballadores de Finlayson e os cabalos seguiron vivindo na corte.
A cidade de Tampere iniciou un plano de restauración en 1995. Tanto as antigas fachadas como os interiores e as estruturas foron restauradas ao aspecto que tiñan orixinalmente, na década de 1880. Na actualidade é unha área aberta todo o ano e os edificios acollen tendas e unha cafetería. No complexo teñen lugar diversos eventos, como un mercado de Nadal.
Arquitectura Os edificios están construídos segundo o estilo ruso e contén tallas que lembran os estilos internacionais do século XIX, influenciados pola arquitectura popular. As tallas foron pintadas con cores vivas que as resaltaban.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web de Tallipiha
Categoría:Edificacións de Tampere