Shenzhou 7 foi a terceira misión tripulada chinesa e a primeira na que levaron a cabo unha excursión extravehicular. Foi lanzada o 25 de setembro de 2008 mediante un foguete CZ-2F desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.

Características Shenzhou 7 foi a primeira misión chinesa na que se levou a cabo unha excursión extravehicular ou paseo espacial e tamén a primeira en levar a bordo a tres astronautas: Zhai Zhigang, Liu Buoming e Jing Haipeng. Serían Zhai Zhigang e Liu Buoming quen farían o paseo espacial, o primeiro vestido cun traxe espacial Feitian desenvolvido pola China e o segundo esperando no módulo orbita despresurizado polo que saíra Zhai, vestido cun traxe ruso Orlan por se surxía algunha emerxencia. A saída tivo unha duración de 20 minutos, nos cales non tivo lugar ningún incidente. A misión tivo unha duración de case tres. A cápsula de reentrada regresou a terra o 29 de setembro.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos CZ-2F Shenzhou 1 Shenzhou 2 Shenzhou 3 Shenzhou 4 Shenzhou 5 Shenzhou 6 Shenzhou 8 Shenzhou 9 Shenzhou 10 Shenzhou 11 Shenzhou 12 Shenzhou 13 Shenzhou 14 Shenzhou 15 Shenzhou 16

Categoría:Programa Shenzhou