A fotometría fotoeléctrica é unha técnica de fotometría, a rama da óptica que se dedica a medir o brillo dos obxectos; no caso da fotometría referida á astronomía dedícase a medir o brillo dos diferentes corpos celestes.

Historia

Desenvolvemento da técnica Comezou a desenvolverse a inicios do século XX, máis concretamente cos pioneiros traballos de Joel Stebbins con células de selenio montadas no foco de grandes telescopios. Do ano 1907 data o seu Determination of the Moon's Light with a Selenium Photometer (Astrophysical Journal, vol. 26, p. 326), un primeiro traballo sobre a medición da intensidade da luz lunar cun rudimentario fotómetro aplicado a un galvanómetros (o cal actuaba como elemento rexistrador, ao cuantificar a corrente producida).

A mellora na sensibilidade do equipo permitiulle, en 1910, poder rexistrar cambios nunha estrela variábel, proeza reflectida na súa The measurement of the light of stars with a selenium photometer, with an application to the variations of Beta Persei (Astrophys. J., 32, 185-214).

Cambios entre os anos 1930 a 1950 Nos anos 1930 e 1940 o fotómetro mellorou, ao aplicarse novos semicondutores máis sensíbeis, e nos anos 1950 consolidouse o primeiro sistema fotométrico (UBV), definíronse os filtros fotométricos (azul ou banda B, verde ou banda V etc.) e comezaron os estudos fotométricos serios.

Fotómetros dos anos 1970 Máis recentemente (finais dos anos 1970) comezouse a comercializar un fotómetro bastante alcanzable para os afeccionados, o OPTEC modelo SSP-5, co cal mesmo telescopios de 20-30 cm de abertura podían comezar a efectuar os seus primeiros traballos de estrelas e planetas medianamente brillantes (neste último caso mesmo Plutón). Dependendo da calidade do ceo local, a apertura do diafragma e outras consideracións instrumentais, a magnitude límite para este instrumento está entre a 12ª e a 14ª cunha precisión de centésimas de magnitude.

Actualidade Após a entrada no mercado das novas cámaras CCD a fotometría fotoeléctrica viuse relegada a uns poucos campos, xa que a fotometría CCD é máis rápida e precisa, obténdose xa precisións de milésimas de magnitude con calquera telescopio de afeccionado: o límite de magnitude baixou por encima da magnitude 18-19 en telescopios de só 20 cm de abertura podéndose chegar, con ceos escuros e exposicións de 600 segundos, á magnitude 22ª; isto permite que se poidan efectuar gran cantidade de estudos fotométricos (curvas de luz de estrelas variables, cometas ou asteroides) ou colorimétricos (índice de cor B - V, V - Rc ou mesmo fotometría Ic) antes reservados a grandes telescopios.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Fotometría

Bibliografía Artigos pioneiros The Brightness of Halley's Comet as Measured with a Selenium Photometer, (1910), Joel Stebbins, Astrophysical Journal, vol. 32, p. 179. The Illumination-Current Relationship in Potassium Photoelectric Cells, (1914), Herbert E. Ives, Astrophysical Journal, vol. 38, p. 428. Photometry, photoelectric, Preliminary note on the application of, to astronomy, (1919), Lindemann, A. F., Lindemann, F. A., Monthly Notices of the Royal Astronomical Society, Vol. 79, p. 343. A photoelectric study of Algol, (1921), Joel Stebbins, Astrophys. J., 53, 105-120. Photoelectric Magnitudes and Colors of Extragalactic Nebulae, (1937), Joel Stebbins e Albert Whitford, Astrophysical Journal, vol. 86, p. 247. The Electric Photometry of Stars, (1940), Joel Stebbins, Publications of the Astronomical Society of the Pacific, Vol. 52, Nº. 308, p. 235. Ligazóns externas

Primeiros artigos astronómicos (NASA ADS) 

Categoría:Astronomía observacional