Cabin Boy é un filme estadounidense de 1994 dirixido por Adam Resnick e coproducido por Tim Burton. Está protagonizado polo cómico Chris Elliott. Elliott tamén escribiu o guión xunto con Resnick. Tanto Elliott como Resnick traballaron en Late Night with David Letterman na década de 1980, e crearon a sitcom Get a Life a comezos da década de 1990. O proxecto ía ser dirixido orixinalmente por Burton, o cal contactou a Elliott despois de ver Get a Life. Resnick tomou a dirección cando Burton recibiu a oferta de dirixir Ed Wood.
Personaxes Chris Elliott como Nathaniel Mayweather Andy Richter como Kenny David Letterman como Old Salt In Fishing Village Mike Starr como Mulligan the Giant Ann Magnuson como Calli Jim Cummings como Floating Cupcake (voz) James Gammon como Pappy Brion James como Big Teddy Brian Doyle-Murray como Skunk Ritch Brinkley como Captain Greybar Melora Walters como Trina Russ Tamblyn como Chocki (Shark Man) Bob Elliott como William Mayweather Ricki Lake como Figurehead
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Touchstone Pictures