Family Dog é unha serie de televisión animada estadounidense creada por Brad Bird que se emitiu orixinalmente dende o 23 de xuño até o 28 de xullo de 1993 a través de CBS. Conta a historia dunha familia suburbana, os Binsfords, a través dos ollos do seu can chamado Jonah. A serie foi a primeira colaboración entre os produtores executivos Steven Spielberg e Tim Burton.
Atrasado durante anos e mal recibido pola crítica, este programa foi cualificado como "un dos maiores fiascos na historia da animación televisiva, tanto a nivel creativo como comercial, a pesar (e en moitos sentidos como consecuencia) do talento detrás do proxecto". Un crítico observou que o principal problema coa serie era que "a familia Binford era tan repulsivamente egoísta que o interese da audiencia nas súas aventuras era nulo".
Personaxes Martin Mull como Skip Binsford, o pai Molly Cheek como Bev Binsford, a nai Danny Mann como Jonah, o can da familia Zak Huxtable Epstein como Billy Binsford, o fillo Cassie Cole como Buffy Binsford, a filla
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión do Canadá Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1993 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1993