O val da vinganza (en ) é un filme estadounidense de 2016 escrito e dirixido por Ti West. Jason Blum foi o produtor a través da súa compañía Blumhouse Productions. Está protagonizado por Ethan Hawke, Taissa Farmiga, James Ransone, Karen Gillan e John Travolta. Estreouse internacionalmente en South by Southwest o 12 de marzo de 2016, e tivo un lanzamento limitado a través de formato de vídeo baixo demanda o 21 de outubro de 2016 por Focus World. Foi un fracaso comercial que só recadou 61 797 dólares, mais recibiu eloxios por parte da crítica que alabou o guión, a dirección e as interpretacións.

Estreouse en galego o 3 de marzo de 2021 a través da TVG.

Personaxes Ethan Hawke como Paul Taissa Farmiga como Mary-Anne James Ransone como Deputy Gilly Martin Karen Gillan como Ellen John Travolta como Marshal Clyde Martin Burn Gorman como sacerdote Toby Huss como Harris Larry Fessenden como Roy K. Harrison Sweeney como William T. Baxter Tommy Nohilly como Tubby Jumpy as Abbie

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ti West Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes producidos por Jason Blum Categoría:Filmes de Blumhouse Productions Categoría:Filmes de 2016 con versión en galego