Daniel Elena, nado en Mónaco o 26 de outubro de 1972, é un copiloto de rally monegasco, de orixe galega. É o copiloto máis laureado da historia do Campionato do Mundo, con nove títulos e 79 vitorias, todas elas logradas xunto ao piloto francés Sébastien Loeb. Destacan entre outras as súas actuacións no Rally Cataluña e no Rally de Alemaña, conquistando nove veces cada un deles, no Rally da Arxentina, que gañou en oito ocasións, ou no Rally de Montecarlo, onde sumou sete vitorias.
Foi ademais campión de Francia e disputou cinco veces xunto a Loeb o Rally Dakar, sumando 14 vitorias de etapa e subindo ao podio final nas edicións de 2017 e 2019.
Traxectoria É fillo de Amelia Rivera, unha emigrante galega das Somozas, que se instalou en Mónaco na súa xuventude.
Comezou nos rallys en 1992, como copiloto de Christophe Bovini no campionato francés, pero a súa primeira tempada completa realizouna en 1996, xunto a Hervé Bernard. En 1998 converteuse no copiloto de Sébastien Loeb, co que correu durante practicamente toda a súa carreira deportiva. Ese mesmo ano disputou o Trofeo Citroën do campionato francés a bordo dun Citroën Saxo, gañando as tres probas que rematou, e ao ano seguinte conquistou o título. Debutou no Campionato do Mundo no Rally Cataluña de 1999, aínda que sen poder completalo por mor dun accidente, e ao ano seguinte gañou o campionato francés de dúas rodas motrices.
No 2001 fíxose co campionato francés, enriba dun Xsara preparado por Piedrafita Sport, e gañou tamén o Campionato de Super 1600 da FIA, neste caso a bordo dun Saxo 1600. Ese mesmo ano correu por primeira vez co equipo oficial de Citroën no Campionato do Mundo, disputando cun Xsara o Rally de San Remo, e conseguindo subir ao podio na segunda posición, só por detrás do Peugeot 206 dos irmáns Gilles e Hervé Panizzi.
En 2002 correu varios rallys máis do campionato mundial co equipo Citroën, logrando a súa primeira vitoria, no Rally de Alemaña, e en 2003 pasou a ser copiloto oficial do equipo a tempo completo, gañando tres rallys, incluído o da súa casa, o Rally de Montecarlo, e rematando subcampión por detrás de Mills Phil e por diante de Marc Martí.
No 2004 conseguiu seis vitorias, proclamándose por primeira vez campión do mundo. Nos seguintes anos o dominio de Loeb e Elena no campionato do mundo foi case total, acadando os nove títulos consecutivos, e chegando a gañar ata 11 rallys nunha mesma tempada. No 2006 igualou e superou ao coruñés Luís Moya como o copiloto con máis vitorias no campionato (26), e durante as seguintes tempadas elevou a cifra ata 79.
Tanto el como Loeb deixaron o Campionato do Mundo en 2013, disputando durante os seguintes anos só algunha proba de xeito ocasional. En 2018, a bordo dun Citroën C3, lograron unha nova vitoria no Rally Cataluña, por diante dos vixentes campións do mundo, Sébastien Ogier e Julien Ingrassia. O equipo oficial de Hyundai ofreceulles entón un contrato de dous anos para disputar varias probas nas tempadas 2019 e 2020, e lograron subir ao podio dúas veces máis, no Rally de Chile de 2019 e no Rally de Turquía de 2020.
Entre 2016 e 2019 competiu xunto a Loeb no Rally Dakar, cun Peugeot 3008 modificado. Na edición de 2017 lograron cinco vitorias de etapa e remataron subcampións, por detrás de Stéphane Peterhansel e Jean-Paul Cottret. Volveu ao Dakar en 2021, a bordo dun vehículo de Prodrive, pero tras numerosos problemas o equipo tivo que abandonar a proba. O mal rendemento no Dakar, fixo que Loeb despedise a Elena, separándose a parella despois de 23 anos xuntos.
Ademais da súa labor como copiloto, fixo algunhas incursións como piloto, entre elas no Rally de Montecarlo de 1998, que correu cun Peugeot 106 Rallye.
Resultados
Campionato do Mundo AnoEquipoVehículo12345678910111213141516PosiciónPuntos1999Equipe de France FFSACitroën Saxo Kit CarESPRetFRA19ITA21-02000Sébastien LoebCitroën Saxo Kit CarFINRetGBR38-0Equipe de France FFSAToyota Corolla WRCFRA9ITA102001Sébastien LoebCitroën Saxo Kit CarMON15SUERet14º6Citroën Saxo S1600ESP15GRE19FIN28FRA13GBR15Automobiles CitroënCitroën Xsara WRCITA22002Automobiles CitroënCitroën Xsara WRCMON2SUE17ESPRetGRE7KEN5FIN10ALE1GBRRet10º18Piedrafita SportAUS72003Citroën TotalCitroën Xsara WRCMON1SUE7TURRetNZL4ARXRetGRERetCHP3ALE1FIN5AUS2ITA1FRA13ESP2GBR22º712004Citroën TotalCitroën Xsara WRCMON1SUE1MEXRetNZL4CHP1GRE2TUR1ARX2FIN4ALE1XAP2GBR2ITA2FRA2ESPRetAUS11º1182005Citroën TotalCitroën Xsara WRCMON1SUERetMEX4NZL1ITA1CHP1TUR1GRE1ARX1FIN2ALE1GBR3XAP2FRA1ESP1AUSRet1º1272006Kronos Total Citroën WRTCitroën Xsara WRCMON2SUE2MEX1ESP1FRA1ARX1ITA1GRE2ALE1FIN2XAP1CHP11º1122007Citroën Total WRTCitroën C4 WRCMON1SUE2NOR14MEX1POR1ARX1ITARetGRE2FIN3ALE1NZL2ESP1FRA1XAPRetIRL1GBR31º1162008Citroën Total WRTCitroën C4 WRCMON1SUERetMEX1ARX1XOR10ITA1GRE1TUR3FIN1ALE1NZL1ESP1FRA1XAP3GBR11º1222009Citroën Total WRTCitroën C4 WRCIRL1NOR1CHP1POR1ARX1ITA4GRERetPOL7FIN2AUS2ESP1GBR11º932010Citroën Total WRTCitroën C4 WRCSUE2MEX1XOR1TUR1NZL3POR2BUL1FIN3ALE1XAP5FRA1ESP1GBR11º2762011Citroën Total WRTCitroën DS3 WRCSUE6MEX1POR2XOR3ITA1ARX1GRE2FIN1ALE2AUS10FRARetESP1GBRRet1º2222012Citroën World Rally TeamCitroën DS3 WRCMON1SUE6MEX1PORRetARX1GRE1NZL1FIN1ALE1GBR2FRA1ITARetESP11º259
Participacións no Rally Dakar AnoEquipoPilotoVehículoPostoVitorias2016Team PeugeotSébastien LoebPeugeot 3008 DKR9º42017Team PeugeotPeugeot 3008 DKR2º52018Team PeugeotPeugeot 3008 DKRRet12019PH SportPeugeot 3008 DKR3º42021Bahrain Raid ExtremeProdrive BRX HunterRet0
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos do copiloto en juwra.com . Datos do copiloto en ewrc-results.com .
Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Mónaco Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Monegascos de ascendencia galega Categoría:Pilotos de rally de Mónaco Categoría:Copilotos de rally de Mónaco