Fritz Rudolf Künker, nado en 1949 en Osnabrük, na Baixa Saxonia, é un numismático alemán, fundador da casa de poxas numismáticas Fritz Rudolf Künker GmbH & Co. KG.

Traxectoria A atracción de Künker polas moedas xurdiu na súa infancia, cando a moeda saxoa de 5 marcos de 1903 que lle regalou o seu avó lle serviu para comezar a súa propia colección de moeda do Imperio Alemán. Posteriormente estudou Filoloxía Románica e Historia nas universidades de Berlín (1967) e de Münster (1969), e tivo entre os seus profesores a Peter Berghaus, que o introduciu no aspecto académico da numismática."Fritz Rudolf Künker honored with Eligius Award and Otto Paul Wenger Award". En Coins Weekly. 4 de xullo de 2018."Serving the Collector for More Than 40 years ". En Kuenker.de

Aínda de estudante, en 1971, estableceu en Schapdetten, preto de Münster, o seu primeiro comercio numismático, inicialmente de xeito autónomo e en 1972 co seu irmán Horst-Rüdiger como único empregado, e en 1973 abriu un comercio estable en Osnabrük, que en 1985 trasladou a un edificio no distrito de Westerberg, na mesma cidade. Finalmente, en maio de 2014 inaugurouse un novo edificio construído expresamente para a celebración das poxas numismáticas."Künker moved in new quarters". En Coins Weekly. 6 de agosto de 2014 Alí Künker traballou ata o 1 de xullo dese mesmo ano, cando se retirou da xestión directa da compañía, na que redactou máis de 300 catálogos de poxas. A empresa está dirixida desde entón polo seu fillo, Ulrich Künker."Künker, Fritz Rudolf". En Coins Weekly. 4 de xullo de 2018.

Entre outras entidades académicas e asociativas, Fritz Künker pertenceu á Asociación de Comerciantes Numismáticos Alemáns (1972), que presidiu entre 1977 e 1986, e á Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais (1983), na que dirixiu durante anos a Axencia Internacional para a Supresión da Falsificación de Moedas (IBSCC).

Recoñecementos (2010): Premio da World Money Fair."39. Word Money Fair - zum 5. Mal in Berlin". En Münzen Woche. 4 de febreiro de 2010. (2018): Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá."Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft."Eligius-Preis 2018 für Fritz Rudolf Künker". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Xaneiro de 2018. Páxina 42."Fritz Rudolf Künker erhält Eligius-Preis 2018". En MünzenWoche. 10 de maio de 2018. (2018): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos."Otto Paul Wenger-Preis". En Numis Post.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Casa de poxas numismáticas Fritz Rudolf Künker GmbH & Co. KG

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Nados na Baixa Saxonia Categoría:Numismáticos de Alemaña Categoría:Galardoados co Eligiuspreis Categoría:Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín Categoría:Alumnos da Universidade de Münster Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Galardoados co premio Otto Paul Wenger