Thomas Joseph "T. J." Bray, nado o 14 de xuño de 1992 en New Berlin, Wisconsin, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2014, Bray xogou na Liga de Verán da NBA de 2014 cos Toronto Raptors, onde acadou 4.4 puntos, 1.6 rebotes e 1.2 asistencias, pero non foi invitado ós adestramentos de pretempada dos Raptors. O 6 de agosto de 2014, Bray asinou co Pallacanestro Trapani da Serie A2 italiana.

Tras a súa primeira tempada na Serie A2, onde fixo 9.5 puntos e 3.0 asistencias por encontro, Bray xogou a Liga de Verán da NBA de 2015 cos New York Knicks, pero tan só participou en dous partidos, así que regresou á segunda división italiana para asinar co AS Junior Pallacanestro Casale. Bray participou en 35 partidos co Casale, 14.7 puntos e 3.1 asistencias por partido.

O 10 de xaneiro de 2017, Bray asinou co Basic-Fit Brussels belga para o resto da tempada 2016-17. O 3 de agosto de 2017, Bray asinou co Kolossos Rodou grego.

O 14 de xullo de 2018, Bray asinou co SC Rasta Vechta da Basketball Bundesliga. Tras facer 14.8 puntos, 3.2 rebotes e 7.7 asistencias por encontro, sendo máximo asistente do ano na competición, Bray foi incluído no mellor quinteto da tempada da Bundesliga, e rematou na segunda posición na votación para o MVP, tan só por detrás de Will Cummings.

O 11 de xullo de 2019, Bray asinou un contrato de dous anos co FC Bayern München da Basketball Bundesliga.

O 3 de decembro de 2020, Bray asinou co Basket Zaragoza 2002 da Liga ACB.

O 8 de febreiro de 2021, Bray asinou un contrato de dous anos e medio co Panathinaikos BC grego.T.J. Bray officially added by Panathinaikos O 15 de agosto de 2021, Bray deixou o Panathinaikos por motivos persoais. O 9 de setembro de 2021, Bray anunciou a súa retirada coma xogador profesional de baloncesto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en RealGM.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Pallacanestro Trapani Categoría:Xogadores do AS Junior Pallacanestro Casale Categoría:Xogadores do Phoenix Brussels Categoría:Xogadores do Kolossos Rodou BC Categoría:Xogadores do SC Rasta Vechta Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores do Basket Zaragoza 2002 Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC