Augustin Prosper Hacquard, M. Afr., nado o 18 de setembro de 1860 en Albestroff (na rexión da Lorena) e finado o 4 de abril de 1901 no río Níxer preto de Ségou (Malí), foi un padre branco francés, vigairo apostólico do Sáhara e o Sudán dende 1898 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu o 18 de setembro de 1860 en Albestroff (na rexión da Lorena), fillo do agricultor Christophe Hacquard e de Thérèse Ohlmann, e estudou no seminario menor de Pont-à-Mousson.* Entrou no novizado en 1878 preto de Alxer, e o 8 de setembro de 1884 foi ordenado sacerdote dos Misioneiros de África; posteriormente pasou a ser profesor no seminario menor de Saint-Eugène, e preparou un doutoramento especializándose en lingua árabe e linguas africanas.
Dentro da súa actividade misioneira destaca a súa participación dunha misión en 1894 entre os tuaregs, e a dirección da primeira expedición misioneira a Tombouctou, á que chegou o 21 de maio de 1895. O 19 de xaneiro de 1898 foi nomeado vigairo apostólico do Sáhara e o Sudán e bispo titular de Rusicade, con xurisdición sobre o Sudán francés. Recibiu a ordenación episcopal o 28 de agosto do mesmo ano, de mans do cardeal François-Marie-Benjamin Richard, e tivo como co-consagradores a Léon-Antoine-Augustin-Siméon Livinhac, superior da súa congregación, e a Alexandre-Louis-Victor-Aimé Le Roy, superior da Congregación do Espírito Santo.
Foi autor de obras sobre a lingua songai e sobre Tombouctou. Finou afogado o 4 de abril de 1901 no río Níxer preto de Ségou (entón no Sudán francés, hoxe en Malí).
Obra
Premios e distincións O 24 de abril de 1897 foi nomeado cabaleiro da Lexión de Honra.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1860 Categoría:Nados en Albestroff Categoría:Finados en 1901 Categoría:Relixiosos católicos de Francia Categoría:Padres brancos Categoría:Bispos católicos de Francia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa