miniatura|Apolipoproteína C-I. En bioloxía molecular, a apolipoproteína C é unha familia de catro apolipoproteínas de baixo peso molecular, denominadas C-I (ou C1), C-II (ou C2), C-III (ou C3) e C-IV (ou C4), que son compoñentes que se encontran na superficie de lipoproteínas como os quilomicrons, VLDL, e HDL. En situación de xexún, as apolipoproteínas C están principalmente asociadas coas HDL. Durante a absorción das graxas da dieta, as apoplipoproteínas C redistribúense preferentemente na superficie de lipoproteínas ricas en triglicéridos como os quilomicron e as VLDL.
Notas
Categoría:Apolipoproteínas