O Shenyang J-15 (chinés: 歼-15), designación OTAN: Flanker-X2, tamén coñecido como "Tiburón Voador" (chinés: 飞鲨; pinyin: Fēishā), é un caza multirrol embarcado chinés de 4ª xeración desenvolvido por Shenyang Aircraft Corporation (SAC) e o Instituto 601 para a Forza Aérea Naval do Exército Popular de Liberación para servir nos portaavións da Armada do Exército Popular de Liberación.

Un prototipo sen rematar do Su-33, o T-10K-3, foi mercado por SAC a Ucraína en 2001 e dise que foi estudado extensamente e a través de enxeñería inversa comezou a desenvolverse o J-15 xusto despois. Aínda que o J-15 semella estar estruturalmente baseado no prototipo do Su-33, o caza conta con tecnoloxías chinesas, así como coa aviónica do programa Shenyang J-11B.Fulghum, David A. "New Chinese Ship-Based Fighter Progresses". Article. Aviation Week. En febreiro de 2018, as discusións sobre a substitución do avión apareceron en varios medos chineses, incluída a axencia de noticias Xinhua e os principais medios militares do país, discutindo sobre se pertencía á 4ª ou 4,5 xeración de cazas. Así, o J-15 é visto como un caza embarcado provisional ata que un sucesor de 5ª xeración entre en servizo, un que poida estar baseado no Chengdu J-20 ou no Shenyang FC-31.

Notas

Categoría:Cazas Categoría:Aeronaves de Shenyang Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 2009 Categoría:Cazas a reacción de cuarta xeración