Ángela Elisa Paradela Núñez, coñecida como Angelita Paradela, nada en Ourense en maio de 1895 e finada na mesma cidade en 1991, foi unha mestra e pedagoga galega.

Traxectoria

Filla de José Paradela Domínguez e Juana Núñez Cid, e irmá de Francisco Paradela Núñez. Foi mestra da Escola superior de nenas de Ourense en 1914,La Región, 7-2-1914, p. 2. e foi nomeada mestra de Cortegada en 1915.Diario de Galicia, 30-9-1915, p. 1. Comezou a dar clases de matemáticas na escola de Juan Xesta con 17 anos. En 1926 foi destinada á escola de Reádegos (Vilamarín). Pioneira en ideas durante a Segunda República, montou unha academia na rúa Capitán Eloy. En 1954 foi nomeada mestra interina de Casardomato (Lobios).El Pueblo Gallego, 28-5-1954, p. 9. Nos anos sesenta deixou a academia e creou un novo centro educativo para adaptarse á EXB na antiga Casa Cuevas da rúa Progreso.

Recoñecementos

Dende 2007 unha praza do barrio de Barrocás de Ourense leva o seu nome.Una vida dedicada a la docencia Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Angelita Paradela Núñez

Angelita Paradela (el colegio en los 50) Florentino Moreton

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1991