Harriet Baldwin Creighton, nada en Delavan (Illinois), o 27 de xuño de 1909 e finada o 9 de xaneiro de 2004, foi unha botánica, xenetista e educadora estadounidense.

Traxectoria Graduouse no Wellesley College en 1929, completando o seu doutoramento na Universidade de Cornell en 1933. Durante o seu tempo en Cornell, traballou no campo da citoxenética do millo con Barbara McClintock, e ambas publicaron un artigo moi influente en 1931 no que describiu o cruzamento cromosómico por primeira vez. Ese traballo, parte do seu doutoramento. proporcionou a evidencia clave de que os cromosomas transportaban e intercambiaban información xenética e, polo tanto, de que os "xenes" dos trazos físicos se levan nos cromosomas. A súa asesora foi Barbara McClintock quen dirixiu o seu doutoramento.Kass, Lee B. 2005c. Harriet Creighton: Proud botanist. Plant Sci. Bull. 51 (4): 118-125, online, diciembre de 2005: http://www.botany.org/PlantScienceBulletin/PSB-2005-51-4.php#HARRIET ; Kass, L. B.; Chomet, P. 2009. Barbara McClintock, p. 17-52, en J. Bennetzen & S. Hake, editores, Handbook of Maize: Genetics and Genomics. Springer

Tras completar o seu doutoramento, ensinou na Universidade de Cornell e no Colexio de Connecticut, e posteriormente regresou a Wellesley onde ensinou ata a súa xubilación en 1974. Tamén sacou un tempo da súa carreira para servir na Mariña dos Estados Unidos durante a Segunda guerra mundial.2007a. Harriet B. Creighton (1909-2004), on Women Pioneers in Plant Biology, American Society of Plant Biologists website, Ann Hirsch editor, online, febrero 2007: http://www.aspb.org/committees/women/pioneers.cfm#Creighton ; Kass, Lee B. 2007b. Barbara McClintock (1902-1992), on Women Pioneers in Plant Biology, American Society of Plant Biologists website, Ann Hirsch editor. online, marzo 2007: http://www.aspb.org/committees/women/pioneers.cfm#McClintock

Notas

Categoría:Profesores da Universidade Cornell Categoría:Alumnos da Universidade Cornell Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Illinois Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 2004