Krokoms (saami meridional: Krokomen tjïelte) é un concello sueco (kommun) do condado de Jämtland. A súa capital é Krokom. En xuño do ano 2022 o concello tiña unha poboación de 15 455 habitantes. A meirande parte vive no sur do municipio, na área chamada Storsjöbygden, onde se atopa a capital.
Ao oeste o municipio limita co concello de Åre, ao norte e ao leste co concello de Strömsund, ao sur e ao leste co de Östersund e ao noroeste co concello noruegués de Lierne.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Jämtland