A Copa de Portugal (en ) é unha competición de fútbol de Portugal. Trátase da máis importante competición portuguesa en formato de copa, así como da segunda competición nacional máis prestixiosa do país, por detrás da Primeira Liga. Dispútase anualmente dende a tempada 1938/39, cando sucedeu ao Campionato de Portugal, utilizando o mesmo trofeo pero cambiando o nome e o formato da competición. Está organizada pola Federación Portuguesa de Fútbol.

Dispútana todos os clubs da Primeira Liga, da Segunda Liga, da Terceira Liga, do Campionato de Portugal e algúns representantes dos Campionatos de Distrito. Os equipos filiais non poden participar. Xógase segundo o sistema de eliminación directa a partido único, a excepción das semifinais que se xogan a ida e volta. Desde 2015 denomínase Taça de Portugal Placard por motivos de patrocinio.

A conquista do torneo dá acceso directo á fase de grupos da Europa League. A final xógase no Estadio Nacional do Jamor, en Oeiras, e o trofeo é tradicionalmente entregado polo Presidente da República Portuguesa.

O primeiro vencedor do torneo foi o Académica, mentres que o club máis laureado é o Benfica, con 26 títulos.

Historia ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/93/First_cup_of_portugal.jpg/120px-First_cup_of_portugal.jpg|dereita|miniatura|160x160px| A primeira Copa de Portugal, gañada polo Académica en 1939. Na tempada 1921/22 creouse o Campionato de Portugal, un torneo con formato de eliminatorias que foi a primeira competición oficial portuguesa a nivel nacional. Os clubs clasificábanse en competicións rexionais (en sistema de liga) e despois disputaban o Campionato de Portugal (en sistema de eliminatorias). O primeiro vencedor do Campionato de Portugal foi o FC Porto. Os clubs que máis títulos lograron nesta época foron o Sporting e o propio Porto, con catro trofeos cada un.

Na tempada 1938/39 o fútbol portugués atravesou varias reformas e foi nese momento cando se creou a Copa de Portugal, substituíndo ao desaparecido Campionato de Portugal, pero utilizando o mesmo trofeo e o mesmo sistema de eliminatorias. O primeiro campión da nova competición foi o Académica de Coimbra. O vencedor da segunda edición foi o Benfica, que foi o principal dominador da competición durante as seguintes décadas, sumando ata 26 títulos.

O Campionato de Portugal, nas súas 17 edicións disputadas, tivo sete gañadores diferentes. A Copa de Portugal foi gañada por 13 clubs diferentes.

Formato A Copa de Portugal é disputada anualmente por todos os clubs da Primeira Liga, da Segunda Liga, da Terceira Liga e do Campionato de Portugal, polos campións e subcampións dos Campionatos de Distritos, e polos campións das Copas de Distrito. Os equipos filiais que participan nalgún deses campionatos non poden participar na Copa de Portugal.

O formato actual da Copa de Portugal consta de seis eliminatorias a un só partido, seguidas dunhas semifinais a ida e volta, e un partido final nun campo neutral, o Estadio Nacional.

Trofeo

Trofeo oficial O trofeo oficial da Copa de Portugal, que data de 1922, pertence á Federación Portuguesa de Fútbol. Pesa 20 kg e consiste nunha copa de prata cicelada e ricamente ornamentada ao estilo manuelino. Consta dun relevo prateado formada por carabelas e en segundo plano fragatas. Na parte superior contén escudos coa Cruz de Cristo e o Escudo Nacional. Na parte inferior destaca a decoración con catro floróns. As asas do trofeo están trenzadas e rematadas pola esfera armilar e a Cruz de Cristo. Conectando o relevo á base hai 4 columnas, cada unha decorada con 145 flores de lis rematadas nos extremos por medias canas. A base, feita en madeira, está decorada con 4 floróns de prata, coincidentes cos floróns do relevo. A base ten no medio un escudo de prata ricamente estilizado no medio e remata cun pedestal de madeira onde anualmente se colocan en placas de prata os nomes dos clubs gañadores.

O trofeo que antes se entregaba aos gañadores do Campionato de Portugal (1921–1938) era idéntico ao da Copa de Portugal. Na base do trofeo oficial da Copa de Portugal están tamén os nomes de todos os gañadores do Campionato de Portugal.

Réplica O gañador de cada edición recibe unha réplica, igualmente adornada pero máis pequena que a orixinal. A réplica pesa 1.695 gramos e mide 58 cm de altura.

Estadio da final ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/StadionJamor.JPG/180px-StadionJamor.JPG|esquerda|miniatura|180x180px| Estadio Nacional, escenario da final da Copa de Portugal As primeiras finais da Copa de Portugal disputáronse no Estádio do Lumiar e no Campo das Salésias, ambos en Lisboa. O Estádio Nacional inaugurado en 1944 en Oeiras, preto de Lisboa, acolle tradicionalmente a final da Copa de Portugal desde 1946, con só seis excepcións.

En 1961, a Federación Portuguesa de Fútbol acordou cos clubs finalistas (FC Porto e Leixões), e por petición do Porto, que a final se disputase no estadio deste club, o estadio das Antas. A pesar de xogar na casa, o club do Porto caeu derrotado por 0-2, sendo esta a única conquista do Leixões na Copa de Portugal. Nas tempadas 1974/75, 1975/76 e 1976/77, a Federación decidiu que a final se xogase no estadio do club que tivese gañado a Copa a tempada anterior.

En 1975, a final enfrontou ao Boavista contra o Benfica, coa vitoria do primeiro por 2-1. Dita final tivo lugar por primeira e única vez no estadio José Alvalade, xa que o Sporting gañara a Copa a tempada anterior. Ao ano seguinte, en 1976, a final foi disputada de novo polo Boavista ante o Vitória, logrando outra vez a vitoria o equipo do Porto por 2-1. O partido tivo lugar no estadio das Antas porque a Federación considerou que o estadio do Bessa, sede do Boavista, era demasiado pequeno para acoller a final. En 1977, a final volveu xogarse no estadio das Antas. Outro dos motivos polos cales se cambiaron as sedes das edicións de 1975 a 1977 era que o Estadio Nacional de Jamor estaba considerado como un símbolo do Estado Novo que acababa de ser derrocado.

Na tempada 1982/83, o FC Porto pediu de novo á Federación Portuguesa disputar a final contra o Benfica no seu estadio, declarando que se negarían a xogar se esta se celebrase no Estadio Nacional. A FPF cedeu e a final de 1983 disputouse no estadio das Antas, gañando os encarnados por 1-0. Na tempada 2019/20, debido á pandemia de COVID-19, a final non se celebrou no Estadio Nacional por non contar con condicións de seguridade suficientes. Así, a final da Copa de Portugal desa tempada disputouse por primeira vez no estadio Cidade de Coimbra, situación que se repetiu na seguinte campaña.

Campionato de Portugal

Historial TempadaCampiónResultadoSubcampiónSede da final 1921–22 FC Porto 3 - 1 Sporting Campo de Bessa, Porto 1922–23 Sporting 3-0 Académica Estadio do Santo, Faro 1923–24 Olhanense 4 - 2 FC Porto Campo Grande, Lisboa 1924–25 FC Porto 2 - 1 Sporting Campo de Monserrate, Viana do Castelo 1925–26 Marítimo 2 - 0 Belenenses Campo do Ameal, Porto 1926–27 Belenenses 3-0 Vitória de Setubal Estadio Lumiar, Lisboa 1927–28 Carcavelinhos 3 - 1 Sporting Campo de Palhavã, Lisboa 1928–29 Belenenses 3 - 1 União de Lisboa Campo de Palhavã, Lisboa 1929–30 Benfica 3 - 1 Barreirense Estadio Campo Grande, Lisboa 1930–31 Benfica 3-0 FC Porto Campo do Arnado, Coimbra 1931–32 FC Porto 4-4 ap2 - 1 Belenenses Campo do Arnado, Coimbra 1932–33 Belenenses 3 - 1 Sporting Estadio Lumiar, Lisboa 1933–34 Sporting 4-3 ap Barreirense Estadio Lumiar, Lisboa 1934–35 Benfica 2 - 1 Sporting Estadio Lumiar, Lisboa 1935–36 Sporting 3 - 1 Belenenses Estadio Lumiar, Lisboa 1936–37 FC Porto 3-2 Sporting Campo do Arnado, Coimbra 1937–38 Sporting 3 - 1 Benfica Estadio Lumiar, Lisboa

Títulos por club Pos ClubTítulosSubcampionatosAnos campión 1Sporting 4 6 1922–23, 1933–34, 1935–36, 1937–38 2FC Porto 42 1921–22, 1924–25, 1931–32, 1936–37 3Belenenses 3 3 1926–27, 1928–29, 1932–33 4Benfica 3 1 1929–30, 1930–31, 1934–35 5Olhanense 1 – 1923–24Marítimo 1 – 1925–26Carcavelinhos 1 – 1927–28 8Barreirense –2 – 9Académica – 1 –Vitória de Setúbal – 1 –União de Lisboa – 1 –

Copa de Portugal

Historial