Laholm é un concello sueco (kommun) do condado de Halland. A súa capital é Laholm. No ano 2024 o concello tiña unha poboación de 26 595 habitantes.
A parte sur do concello está dominada polo macizo tectónico Hallandsåsen, e a costa ao longo da baía de Laholm pola maior praia de Suecia. Bosques de coníferas e extensas turbeiras dominan a chaira de Laholm, que cara ao leste conduce a unha paisaxe lixeiramente montañosa.
A industria manufactureira empregaba a pouco menos dunha quinta parte da poboación activa a principios da década de 2020. A segunda industria era do concello era a agricultura.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Hasslöv, Hishult, Knäred, Laholm, Ränneslöv, Skummeslöv, Tjärby, Veinge, Våxtorp e Ysby. Coa reforma municipal de 1862 formáronse nesas parroquias concellos rurais co mesmo nome. Na zona estaba tamén a cidade de Laholm que en 1863 converteuse nun concello da cidade (stadskommun).
Coa reforma municipal de 1952 creáronse varios grandes concellos: Karup (a partir dos anteriores municipios de Hasslöv, Skummeslöv e Östra Karup), Ränneslöv (de Ränneslöv e Ysby) e Veinge (de Tjärby e Veinge). A cidade de Laholm e os concellos rurais de Hishult, Knäred, Laholm e Våxtorp permaneceron inalterados.
O actual concello de Laholm naceu coa reforma de 1971 a partir da cidade de Laholm, os concellos rurais de Laholm e Våxtorps, e partes do municipio rural de Karup (as parroquias de Hasslöv e Skummeslöv). En 1974 incorporáronse os municipios de Hishult, Knäred, Ränneslöv e Veinge.
Xeografía O concello atópase no sur do landskap de Halland. O río Lagan flúe a través del en dirección leste-oeste. Desemboca na baía de Laholm no Kattegatt.
Laholm limita ao norte co concello de Halmstad no condado de Halland, ao leste cos concellos de Ljungby e Markaryd no condado de Kronoberg, e ao sur cos concellos de Örkelljunga, Ängelholm e Båstad no condado de Escania.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Halland