Jake Douglas Layman, nado o 7 de marzo de 1994 en Norwood (Massachusetts), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2016, Layman foi escollido na 47ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Orlando Magic, e foi traspasado nesa mesma noite do Draft ós Portland Trail Blazers, a cambio dunha futura elección da segunda rolda. O 6 de xullo de 2016, asinou o seu contrato de rookie cos Trail Blazers. Debutou na NBA o 1 de novembro de 2016, facendo 17 puntos na derrota dos Blazers por 127–104 contra os Golden State Warriors.
O 8 de xullo de 2019, Layman asinou un novo contrato de tres anos cos Blazers antes de ser traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio dos dereitos do Draft de Bojan Dubljević.
O 9 de novembro de 2022, Layman asinou por unha tempada co Bàsquet Manresa da Liga ACB. Poucos días máis tarde, o 15 de novembro, o Manresa decidiu rescindir o contrato do xogador por unha lesión.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no condado de Norfolk, Massachusetts Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves