William Millward, nado en Filadelfia, Pensilvania, o 30 de xuño de 1822 e finado en Kirkwood, Delaware, o 28 de novembro de 1871, foi un político estadounidnese membro do Partido Republicano na Cámara de Representantes e director da Casa da Moeda dos Estados Unidos (1866-1867).
Traxectoria Millward naceu no antigo barrio de Northern Liberties, en Filadelfia, fillo de Sara Knight e de William e de William Willward."Hon. William Millward". Geni.com Logo de asistir a diversas escolas públicas, dedicouse inicialmente á produción de coiro."Millward, William. 1822-1871". Biographical Directory of the United States Congress.
O Partido Republicano escolleuno como candidato no 34º Congreso, e foi elixido representante polo terceiro distrito de Pensilvania, posto que ocupou entre o 4 de marzo de 1855 e o 4 de marzo de 1857. Non tivo o mesmo éxito cando se presentou á reelección como candidato do Partido Unionista en 1856, mais si que acadou a reelección, novamente como republicano, no 36º Congreso, no que foi novamente representante, esta vez polo cuarto distrito de Pensilvania, entre o 4 de marzo de 1859 e o 4 de marzo de 1861. Neste último período, Milward foi o presidente da Comisión de Patentes da Cámara de Representantes.
O presidente Lincoln nomeouno axente da orde para o distrito Leste de Pensilvania de 1861 a 1865, condición que aproveitou para confiscar e destruír xornais e de orientación demócrata.Lincoln's Wrath: Fierce Mobs, Brilliant Scoundrels and a President's Mission. Novembro de 2006. Páxina 261. ISBN 9781402228735
En setembro de 1866 recibiu o seu nomeamento como director da Casa da Moeda dos Estados Unidos da man do presidente Andrew Johnson, mais o seu nomeamento non chegou a recibir a preceptiva confirmación polo Senado, polo que se viu obrigado a abandonar o posto logo de seis meses de servizo."Former Directors of the United States Mint". United States Mint.
Vida familiar Estivo casado con Ellen Anderson, con quen tivo unha filla e dous fillos.
William Millward finou en Kirkwood, condado de New Castle, Delaware, en 1871, e foi soterrado no cemiterio Laurel Hill, de Filadelfia."William Millward". Find a Grave.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Smith, P. (2012). "Millward, William". En American Numismatic Biographies. Páxina 259. Outros artigos Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
Categoría:Nados en 1822 Categoría:Finados en 1871 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Políticos do Partido Republicano dos Estados Unidos de América Categoría:Membros da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América Categoría:Directores da Casa da Moeda dos Estados Unidos